Coa asistencia de máis de mil persoas este domingo 22 de xuño celebrouse nas instalacións deportivas do Poboado a primeira edición do Torneo de Fútbol-8 organizado polo Club Deportivo As Pontes e que contou coa participación de preto de 300 futbolistas de 24 equipos vidos de diversas cidades e vilas galegas.
Sorprendentemente o CD As Pontes alzouse co triunfo na categoría alevín ó vencer na quenda dos penaltis ó Rápido de Neda, xa que o partido rematou con empate a dous goles despois de adiantarse o conxunto nedense cun 0-2 e remontar os ponteses na segunda parte.
Na categoría benxamín, Deportivo da Coruña e Lugo foron os absolutos dominadores chegando á final sen perder un partido. Unha final na que o Deportivo coruñés amosou a súa superioridade ó vencer ós lugueses por un claro 5-2.
Finalmente na categoría prebenxamín o gañador foi o Racing de Ferrol, que na primeira parte dominou claramente ó CD As Pontes que saíu moi nervioso neste partido. Sen embargo, no segundo tempo os ponteses xogaron mellor e estiveron a piques de remontar; pero, non había tempo para elo e ó final perderon por 7-5, co que o trofeo foi para terras ferrolás.
Ó remate desta maratoniana xornada de fútbol, con corenta partidos disputados, incluído un partido de categoría biberón entre o CD As Pontes e o Galicia de Mugardos, membros da comisión de festas, patrocinador deste torneo xunto ó concello pontés, fixeron entrega dos trofeos ós gañadores.
RESULTADOS
CATEGORÍA ALEVÍN
Grupo A
CD As Pontes A-Eume Deportivo (6-0)
O Val SD-Narón Piñeiros (0-4)
CD As Pontes A-O Val SD (1-0)
Narón Piñeiros-Eume Deportivo (4-0)
CD As Pontes A-Narón Piñeiros (1-7)
O Val SD-Eume Deportivo (1-0)
Clasificación
Narón Piñeiros (9)
CD As Pontes A (6)
O Val SD (3)
Eume Deportivo (0)
Grupo B
CD As Pontes B-R. Ferrol (0-5)
R. Neda-Imperátor (2-0)
CD As Pontes B-Imperátor (0-4)
R. Ferrol-R. Neda (3-0)
CD As Pontes B-R. Neda (0-5)
Imperátor-R. Ferrol (2-1)
Clasificación
Racing Ferrol (6+7)
Rápido Neda (6+4)
Imperátor (6+3)
CD As Pontes B (0)
Semifinais
Narón BP- R. Neda (1-2)
R. Ferrol-CD As Pontes A (1-2)
FINAL
R. NEDA-CD AS PONTES A (2-2, 2-3)
CATEGORÍA BENXAMÍN
Grupo A
CD As Pontes A-R. Vilalbés (3-0)
RC Deportivo-Eume Deportivo (11-0)
CD As Pontes A-RC Deportivo (0-8
R. Vilalbés-Eume Deportivo (0-2)
CD As Pontes A-Eume Deportivo (2-1)
R. Vilalbés-RC Deportivo (0-10)
Clasificación
RC Deportivo (9)
CD As Pontes A (6)
Eume Deportivo (3)
R. Vilalbés (0)
Grupo B
CD As Pontes B-R. Ferrol (0-1)
R. Neda-CD Lugo (0-2)
R. Ferrol-R. Neda (1-4)
CD As Pontes B-CD Lugo (1-8)
CD Lugo-R. Ferrol (6-0)
CD As Pontes B-R.Neda (2-7)
Clasificación
CD Lugo (9)
Rápido de Neda (6)
Racing Ferrol (3)
CD As Pontes B (0)
Semifinais
RC Deportivo-R. Neda (12-0)
CD Lugo-CD As Pontes A (5-0)
FINAL
RC DEPORTIVO-CD LUGO (5-2)
CATEGORÍA PREBENXAMÍN
Grupo A
CD As Pontes B-R. Ferrol (0-8)
CD Cariño-CD As Pontes B (4-0)
R. Ferrol-CD Cariño (4-0)
Clasificación
Racing Ferrol (6)
CD Cariño (3)
CD As Pontes B (0)
Grupo B
CD As Pontes-R. Neda (6-0)
R. Neda-R. Vilalbés (0-3)
CD As Pontes A-R. Vilalbés (3-2)
Clasificación
CD As Pontes A (6)
Racing Vilalbés (3)
Rápido Neda (0)
Semifinais
R. Ferrol-R. Vilalbés (9-0)
CD As Pontes A-CD Cariño (3-2)
FINAL
R. FERROL-CD AS PONTES A (7-5)
Nova cortesía de AF