CD. AS PONTES. PRETEMPORADAS DO EQUIPO FEMININO, CADETE E FILIAL

O equipo feminino do CD As Pontes iniciou esta semana a pretemporada da que será a súa terceira andaina na Segunda Autonómica Feminina, dirixidas polo tándem Salido e Pita. En principio entre equipo A e B formarán Emma, Carliña, Leti, Yaiza, Lau, Jani, Silvia, Alba, Lara, Clara, Carlota, Patri Dopico, Paty, Candela, Sara, Chipy, Sabela, Nato, Natalia, Andrea C, Antía, Uxía, Janira, Cris M, Patri Rochela, Jessi e as catro novas incorporacións, Mireia Cabarcos, Lia, Laura e a futurible Carmela Da Silva.
O cadro local terá como rivais este ano a rivais habituais como Orzán B, Pastoriza, Brión, Milagrosa, Tordoia, Crocha, Noia, descenden Val do Ulla e Silleda, e incorporanse Monte Forte e San Tirso.
foto-1.jpg


As azuis, que xa xogaron o seu primeiro partido en Ribadeume a semana pasada comezarán a Liga o vindeiro 19 de Setembro en casa ante o Val do Ulla.
foto-2.jpg
Tamén leva varios días adestrando o equipo Cadete para os nados en 1995-1996 e dirixido por Iván Rodríguez, que debutará o 18 de Setembro no Poboado ante o sempre complicadísimo Galicia de Caranza, nunha Liga que conta ademáis con outros 15 equipos, Neda, O Val, Cabanas, Eume, Narón, Portuarios, Numancia, Aspirantes, Meirás, Ortigueira, San Pedro, Perlío, Mugardos, Miño e Cariño.
foto-3.jpg
Nesta temporada 2010-2011, volverá a contar o CD As Pontes 16 anos despois con un filial, que militará na Terceira Autonómica, e tamén debutará o 19 de Setembro no Poboado ante o Cabanas. Completan a Liga, Caranza, Monfero, Moeche, Estrella, Canido, Cañoles, Bemantes, Miño, Narahío, Libunca, Ánimas, Cebarca, Bertón e San Mateo. O clube pontés xa tivo un filial durante varias tempadas a principios dos 90 cuio maior logro foi a final de Copa perdida ante o Cedeira en 1993. O equipo azul estará dirixido por Calpita, e leva varios días adestrando pero aínda conta con moi poucos efectivos a espera de poder concretar a plantilla definititiva.
Nova cortesía de Xose Ferreiro

También podría gustarte
Comentarios