C.D. AS PONTES: RESULTADOS DA FIN DE SEMANA

Vitoria do xuvenil B 2-3 en Ferrol ante o San Pedro na última xornada. Perlío e Ánimas con 75 puntos xogarán a fase de ascenso, Cedeira terceiro con 71 e As Pontes con 67 pecha unha magnífica temporada na cuarta posición final. “hat trick” de Javi, que sumados ós dous que marcou o sábado co xuvenil de Liga Nacional firmou cinco goles o de Cerdido en todo a fin de semana. Agora ós ponteses espéralles a copa contra Narón BP, Numancia de Ares e precisamente o San Pedro, so pasa o primeiro.
Moi ben o equipo feminino de Liga Comarcal que gañou 1-3 en Ortigueira con tantos de Chipy, Laura e Andrea Cabarcos. Suman dezanove puntos en doce encontros. Inalcanzable o virtual campión O Val, aínda poden aspirar a conseguir a segunda posición pola que loitan varios equipos. A semana que ven reciben ó conxunto ferrolán do Aspirantes para despedir a Liga contra o Narón BP.
Derradeiro encontro para o infantil na Fase de Campións e marcháronse con sabor agridoce pois tras ir gañando 3-0 ó Eume (goles de Jarel, Alex e David Rey) acabaron empatando a tres goles. Meirás con 27 primeiro, e no partido emocionante que decidía o segundo posto Narón 1-Racing de Ferrol 1, empatan a 20 puntos pero pasan os ferroláns por mellor “goal average”, 12 para o Eume, 7 para o As Pontes e pecha a clasificación O Val que non logrou ningún punto.
cdaspontes_001.jpg


O alevín A recibiu un serio correctivo na súa visita á Coruña onde perdeu co Montañeros 10-0. Pasan á seguinte rolda Deportivo, Calasanz, Lalín B, Montañeros, Boiro, Ural, Portuarios, Lugo, Calasancio, Santa Mariña, San Roque, Celta, Areosa, Barbadás, Ourense e Independiente. Agora ós de Rebolo tócalles centrarse na Copa, onde teñen moitas posibilidades pero non se poden permitir ningún tropezo. O mércores 11, ás 7 reciben ó Narón BP.
Sensacional o As Pontes alevín B que este sábado goleou ó Meirás 0-7. Eloy foi autor de tres goles, Alberto (2), Sergio e Álex.A vindeira xornada recibe ó Canido e na seguinte visita ó Numancia para probablemente loitar pola primeira praza do grupo e a clasificación para cuartos de final, co campión de Liga Galicia de Caranza D sen dicir aínda a súa última palabra.
Non se pode dicir o mesmo do benxamín A que tiña que gañar os dous encontros que lle quedaban para apurar as súas opcións pero perdeu 4-2 (Mateo e Alejandro) en Ferrol co Racing San Pedro e despediuse da posibilidade de clasificarse para a seguinte rolda. Están terceiros con 4 puntos e tentarán rematar o sábado con vitoria ante o Galicia de Caranza C.
O benxamín B rematou a súa participación na copa e polo tanto pecha a temporada despois de perder 0-4 ante o Ánimas B.
Co Val xa clasificado como líder do seu grupo, gran triunfo do prebenxamín A que gañou 1-3 ó Racing de Ferrol C, con goles de Isma, Dani e Joan. Marcha terceiro con 6 puntos e este sábado rematará a campaña recibindo ó derradeiro clasificado, Cedeira B.
O prebenxamín B perdeu 0-6 ante o Galicia de Caranza C, e para a súa desgraza non terá unha doada despedida, pois no derradeiro partido visita ó Perlío, en dura loita co Numancia polo primeiro posto do grupo e polo tanto a clasificación. Necesita marcar 8 goles máis dos que lle podan meter os de Ares ó Galicia de Caranza C.
cdaspontes_001.jpg
cdaspontes_001.jpg
cdaspontes_001.jpg
cdaspontes_001.jpg
cdaspontes_001.jpg
cdaspontes_001.jpg
cdaspontes_001.jpg
cdaspontes_001.jpg
cdaspontes_001.jpg
cdaspontes_001.jpg
cdaspontes_001.jpg
cdaspontes_001.jpg
cdaspontes_001.jpg
cdaspontes_001.jpg
cdaspontes_001.jpg
cdaspontes_001.jpg
cdaspontes_001.jpg
cdaspontes_001.jpg
cdaspontes_001.jpg
cdaspontes_001.jpg
cdaspontes_001.jpg
cdaspontes_001.jpg
cdaspontes_001.jpg
Nova cortesía de Xosé Ferreiro e A.F.

También podría gustarte
Comentarios