CELEBRACIÓN DO DIA DA DANZA 2018

O Venres 27 de abril o Concello das Pontes súmase a chamada da celebración do “día Internacional da danza” e para iso presenta o Videoclip realizado coa gravación do último espectáculo “A Fraga” .

Neste espectáculo participaron 246 alumn@s de entre 6 a 60 anos que puxeron en escena coreografias das distintas disciplinas da escola de baile: clásico, moderno e Flamenco .

Este espectáculo foi un proxecto multidisciplinar no que participaron ademais dos alumnos e profesorado da escola, o grupo de teatro O Catre que foron fundamentais para poder levar a cabo este proxecto.

Presentación do videoclip: ás 19h e 19.30h na Casa Dopeso . Entrada libre

Nova cortesía de Cultura/OMIX – Concello das Pontes

También podría gustarte
Comentarios