CERIMONIA DAS WORLD SERIES RAID GALLAECIA 2017

Onte sábado tivo lugar a entrega de premios e posterior cea.

No día de onte sábado celebrouse a cerimonia de entrega de premios, e posterior cea e festa final, das World Series Raid Gallaecia 2017, que se levaron a cabo durante esta semana, con saída e chegada en As Pontes, ademáis de percorrer outros 14 Concellos da Comarca de FerrolTerra.

Durante a xornada de onte chegaron a meta os dous últimos equipos, o local Brigantia Lago Empedrado, que o facía na novena posición, e o francés XTTRaid63, décimo.

Tamén arrivaban os dous únicos conxuntos por parellas que conseguían rematar, os dous Cambate Las Patas, 1 e 2.

Dada a dureza da competición ata 22 equipos non foron capaces de rematar esta proba tan dura de máis de 500 kilómetros de percorrido.

No evento amenizado por Xalo Mairas, estaba o Alcalde Valentín González Formoso e o concelleiro de Deportes, Chicho Tembrás. Os equipos partiron cara ós seus destinos este domingo.

Nova cortesía de Xose Ferreiro e A.F.

También podría gustarte
Comentarios