Amigus
As Pontes

CHARLAS NA CAPELA: “A FRAGA DE PICO VELLO. UN ESPAZO A PROTEXER”.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

As entidades Adega, A. M. Augas Limpas, Club Montaña Ferrol, Colectivo Ártabra 21, Comité para a Defensa das Rías Altas, Drosera, Federación Ecoloxista Galega, Fusquenlla, G. N. Hábitat, Guerrilleiros das Fragas, Lapis Verdes, Néboa Medioambiente, O Rabo do Galo, Saramaganta, Sociedade Galega de Historia Natural e Verdegaia organizan, o día 13 de maio, unhas charlas na Casa da Cultura da Capela, baixo o título: “A Fraga de Pico Vello. Un espazo a protexer”
Charlas-de-a-Capela.jpg


O Pico Vello (Goente – As Pontes), un lugar de grande biodiversidade e incalculable valor natural e ecolóxico, é onde empresa de capital anglo-sudafricano, Picobello Andalucita S.L., pretende e a explotación, a ceo aberto, dun xacemento de andalucita.

A área do xacemento (colindante e incomprensiblemente excluída do P.N. Fragas do Eume), está constituída na súa maior parte por unha fraga mesta e pasteiros, coa presenza de numerosas especies de fauna e flora con interese biolóxico, algunhas catalogadas como vulnerables pola Directiva Hábitat e moitas declaradas estrictamente protexidas ou protexidas (Anexos II e III do Convenio de Berna).
Nesta fraga, nace o Rego Cernadas (unha das fontes principais do Belelle), en cuxas beiras se aprecia a presenza do felgo macaronésico Dryopteris aemula, especie que figura como VULNERABLE no Catálogo Galego de Especies Ameazadas (CGEA).
Tamén está contrastada a presencia, entre outras, das seguintes especies que figuran como VULNERABLES no CGEA: píntega rabilonga (Chioglossa lusitanica);
ra das veigas (Discoglossus galganoi); ra patilonga (Rana iberica); ra do monte (Rana temporaria); morcego grande de ferradura (Rhinolophus ferrumequinum); morcego pequeno de ferradura (Rhinolophus hipposideros); …
Esta fraga xa está incluída na proposta de ampliación da Rede Natura e o monte Fontardión constitúe o único corredor ecolóxico entre o Parque Natural do Eume e L.I.C. Xubia-Castro. O permiso para esta explotación, suporía a perda deste corredor ecolóxico e a destrución irreversible dun inmenso patrimonio natural, e etnográfico (fragas, regos, brañas, muíños, …)
Queremos conseguir a declaración, para a zona, de Espazo Natural Protexido ou que esta se inclúa no Parque Natural das Fragas do Eume
.
Intervirán para tratar dos valoras naturais da zona afectada:
XAVIER AMIGO. Especialista en Botánica da Universidade de Santiago de Compostela.
PEDRO GALÁN. Especialista en Anfibios e réptiles da Universidade da Coruña.
ROBERTO HERMIDA. Especialista en morcegos de DROSERA.
As charlas serán o día 13 de maio, ás 19 horas na Casa da Cultura do Concello de A Capela.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios