Cinco futbolistas do C.D. As Pontes xogaron este luns coa selección de Ferrol

Cinco futbolistas do As Pontes xogaron esta tarde nos partidos de preparación que levaron a cabo as tres seleccións de Ferrol de cara ó Torneo Caixa Galicia 2009 no que a selección departamental se enfrontará no Grupo Norte ás seleccións de A Coruña, Santiago e Lugo. No Grupo Sur enfrontaránse Vigo, Ourense e Pontevedra.


O primeiro encontro da tarde enfrontou a Ferrol sub15 contra o equipo cadete do Narón. O pontés Alex Cabarcos entrou na segunda metade, nun partido no que a selección departamental dominaba 1-0 ó descanso, e no segundo tempo chegáronse a poñer 4-0, pero sorprendentemente os naroneses empataron a 4, anque a selección departamental acabaríase levando o partido no último minuto por 5-4.
Ferrol-sub15.jpg
sub15-1.jpg
sub15-2.jpg
sub15-3.jpg
sub15-4.jpg
Alex-Cabarcos-1.jpg
O segundo encontro enfrontou a Ferrol sub12 co equipo infantil do Narón, e a verdade é que os dous anos de diferencia notaronse bastante e os naroneses acabaron vencendo por 4-2. O pontés Enrique Fornos foi titular toda a primeira metade.
sub12-1.jpg
sub12-2.jpg
Enrique-Fornos-2.jpg
O último encontro da tarde-noite enfrontou á Ferrol sub17 co Narón xuvenil, coa vitoria destes últimos por 0-1, notouse que os naroneses eran xuvenís de terceiro ano, namentres que os outros o son de primeiro. O encontro contou coa titularidade dos tres xogadores do As Pontes, Borja Abeás, Kiko González e Chus Cañizares, que xogaron os 90 minutos. A resaltar a presencia no Narón do ex-xogador do As Pontes e da selección galega sub18, o mediocentro Alex Moya.
Ferrol-sub17.jpg
sub17.jpg
Abe-Kiko-Chus.jpg
Borja-Abeas.jpg
Kiko-Gonzalez.jpg
Chus-Canizares.jpg
Nova cortesía de Xóse Ferreiro

También podría gustarte
Comentarios