O pasado sábado día 3 celebrouse nas augas do encoro de Pontillón do Castro ( Verducido) o campeonato Galego de embarcacións K4 e C4 sobre unha distancia de 3000 metros, no que participaron máis de 600 padexeir@s pertencentes a 28 clubes galegos.
O clube GRUPO XUVENIL acudeu con 12 padexeiros e estes son os seus resultados:
- Na categoría Infantil “A” o K4 formado por Xalo Romero Valle, Xoel Timiraos Pico, Daniel Ferro Franco e Xalo Cascudo Montes acadaron o 2º lugar proclamándose subcampeóns Galegos.
- Na categoría Cadete a tripulación formada por Adrián Filgueira Fernández, Bruno Tojeiro Asenjo, Adrián Riveiro Magdalena e Omar Penabad Galdo clasificaronse no 14º posto, nunha categoría na que os xóvenes padexeiros ponteses eran todos de 1º ano cadete.
- Na categoría veterán masculino o K4 formado por Antonio Polo, Ernesto Gancedo, Miguel Timiraos e Angel Pico acadaron o 3º posto.
Nova cortesía do Grupo Xuvenil As Pontes.