CLUB DEPORTIVO AS PONTES 2016/17: PARTIDOS 13-14-15 / XANEIRO / 2017

Outra final para o As Pontes este domingo no campo do Morrazo ante o histórico Alondras

Outra final para o As Pontes este domingo no campo do Morrazo ante o histórico Alondras

Nin que dicir ten que os tres puntos son vitais para os dous conxuntos, especialmente para o cadro pontés que vén de perder na casa ante outro rival directo, o Céltiga, que gañou pola mínima (0-1) logo dun erro defensivo local. Un As Pontes ó que lle falta un goleador, xa que é, xunto co Ordes, o equipo que menos goles anotou no que vai de campionato, tan só 15, non chega nin a un gol por partido (0,75).

Pola súa banda, o Alondras, en principio un equipo para estar nos postos de cabeza, pero sen embargo está a facer unha campaña moi irregular. É 15º na clasificación con 22 puntos e vén de perder por goleada (5-0) no campo do Castro. Gañou 5 partidos, empatou 7 e perdeu 8.

No Poboado rexistrouse na primeira volta empate a cero goles. No Morrazo houbo vinte enfrontamentos oficiais entre ponteses e cangueses, a maioría en 3ª División, agás os dous primeiros, que foron en categoría rexional. Oito vitorias para o conxunto cangués, cinco para o As Pontes e sete empates é o balance entre os dous conxuntos.

TERCEIRA DIVISIÓN 2016/17 (21ª xornada)
ALONDRAS C.F. – C.D. AS PONTES
CAMPO DO MORRAZO (Cangas)
Domingo 15 de Xaneiro de 2017 (16:30 h)
ÁRBITRO: UXÍO CAAMAÑO VÁZQUEZ (Vigo)

LIGA FEMININA F-8 (Ferrol)
CD AS PONTES – CD SAN SADURNIÑO
Campo do Poboado (As Pontes)
Sábado 14 de Xaneiro de 2017 (17:00 h)

1ª AUTONÓMICA XUVENIL 2ª Fase (Grupo 4º)
CD AS PONTES – GALICIA SDC MUGARDOS
Campo do Poboado (As Pontes)
Sábado 14 de Xaneiro de 2017 (16:00 h)

1ª AUTONÓMICA CADETE 2ª Fase (Grupo 4º)
CD NARÓN B – CD AS PONTES
Campo do Cadaval (Narón)
Sábado 14 de Xaneiro de 2017 (16:00 h)

1ª AUTONÓMICA INFANTIL 2ª Fase (Grupo 4º)
CD NARÓN B – CD AS PONTES
Campo do Cadaval (Narón)
Sábado 14 de Xaneiro de 2017 (12:00 h)

CATEGORÍA ALEVÍN (2ª Fase)
RACING DE FERROL B – CD AS PONTES
Campo da Malata-2 (Ferrol)
Venres 13 de Xaneiro de 2017 (19:30 h)
CD AS PONTES B – CD CARIÑO
Campo do Poboado (As Pontes)
Sábado 14 de Xaneiro de 2017 (10:30 h)

CATEGORÍA BENXAMÍN (2ª Fase)
SD O VAL B – CD AS PONTES
Campo de Sinde (O Val)
Venres 13 de Xaneiro de 2017 (19:00 h)
CD AS PONTES B – CCRD PERLÍO
Campo o Poboado (As Pontes)
Sábado 14 de Xaneiro de 2017 (11:40 h)

CATEGORÍA PREBENXAMÍN (2ª Fase)
CD AS PONTES – GALICIA DE CARANZA
Campo do Poboado (As Pontes)
Sábado 14 de Xaneiro de 2017 (12:45 h)
CEDEIRA SD – CD AS PONTES B
Campo do Beco (Cedeira)
Sábado 14 de Xaneiro de 2017 (12:00 h)

Nova cortesía de A.F.

También podría gustarte
Comentarios