CLUB DEPORTIVO AS PONTES 2016/17: PARTIDOS 2-3-4 / DECEMBRO / 2016

O As Pontes, afundido na cola da clasificación, ten unha complicada saída este sábado a Negreira

O As Pontes, afundido na cola da clasificación, ten unha complicada saída este sábado a Negreira

Paupérrima bagaxe do As Pontes nas quince xornadas disputadas con só 9 puntos (1 vitoria e 6 empates). Se nos enfrontamentos que restan para o remate da primeira volta (Negreira, Barbadás, Fabril e Ribadumia), non logra cando menos 9 puntos, pódese dicir que é equipo de Preferente ou terían que cambiar moito as circunstancias na segunda volta para que as cousas se torceran positivas para os ponteses.

Hai desencanto e decepción nos poucos, pero fieis, afeccionados ponteses, que ven como o seu equipo, despois de tempos de gloria e con máis de medio século de historia, se afunde cada vez máis no pozo da clasificación e con poucos visos de saír de aí, sobre todo despois da goleada recibida a anterior xornada no Poboado. E aínda que o campo nicrariense sempre se lle deu ben, con 4 vitorias, tres empates nas tres tempadas anteriores e unha soa derrota (2-1 na 2011/12), complicado o vai a ter o equipo pontés.

Ademais hai que ter en conta que o Negreira está a facer unha campaña realmente boa. É sétimo con 23 puntos e leva catro xornadas sen perder, as tres últimas con claras vitorias ante Céltiga, Alondras e Castro.

TERCEIRA DIVISIÓN 2016/17 (16ª xornada)
S.D. NEGREIRA – C.D. AS PONTES
CAMPO MUNICIPAL GARCÍA CALVO (Negreira)
SÁBADO 3 DE DECEMBRO DE 2016 (18,15 h)
ÁRBITRO: DANIEL PASTORIZA IGLESIAS (Pontevedra)

LIGA FEMININA F-8 (Ferrol)
CD AS PONTES (Descansa)

1ª AUTONÓMICA XUVENIL 2ª FASE (Grupo 4º)
NUMANCIA DE ARES – CD AS PONTES
Campo de Prados Vellos (Ares)
Domingo 4 de Decembro de 2016 (10,30 h)

1ª AUTONÓMICA CADETE 2ª FASE (Grupo 4º)
CD AS PONTES – NUMANCIA DE ARES
Campo do Poboado (As Pontes)
Sábado 3 de Decembro de 2016 (11,30 h)

CATEGORÍA ALEVÍN (1ª Fase)
CD AS PONTES – SRD PORTUARIOS
Campo do Poboado (As Pontes)
Sábado 3 de Decembro de 2016 (10,30 h)
NUMANCIA DE ARES – CD AS PONTES B
Campo de Prados Vellos (Ares)
Sábado 3 de Decembro de 2016 (11,30 h)

CATEGORÍA BENXAMÍN (1ª Fase)
CD AS PONTES – EUME DEPORTIVO
Campo do Poboado (As Pontes)
Venres 2 de Decembro de 2016 (17,15 h)
GALICIA CARANZA B – CD AS PONTES B
Campo de Caranza 3 (Ferrol)
Venres 2 de Decembro de 2016 (18,10 h)

CATEGORÍA PREBENXAMÍN (1ª Fase)
RACING DE FERROL C – CD AS PONTES
Campo da Malata 3 (Ferrol)
Sábado 3 de Novembro de 2016 (12,15 h)
CD AS PONTES B – CD NARÓN C
Campo do Poboado (As Pontes)
Sábado 3 de Decembro de 2016 (11,40 h)

Nova cortesía de A.F.

También podría gustarte
Comentarios