CLUB DEPORTIVO AS PONTES 2016/17: PARTIDOS 28-31 / AGOSTO /2016

O CD As Pontes disputa nestes días dous partidos no Poboado, que supoñen a súa presentación ante a súa afección.

O CD As Pontes disputa nestes días dous partidos no Poboado, que supoñen a súa presentación ante a súa afección. O primeiro, será este domingo diante do Alondras en partido da segunda xornada de liga de Terceira División e logo o mércores ante o Compostela na primeira eliminatoria do copa federación.

Esta tempada no equipo pontés todo son incógnitas, polo que se descoñece o que pode facer neste primeiro partido no Poboado, aínda que por parte dos afeccionados confíase nun triunfo que lle permita acadar os seus primeiros puntos da tempada, logo da súa derrota na Illa de Arousa na primeira xornada ante o recén ascendido Céltiga.

Sen embargo, o conxunto pontés non vai telo doado ante un reforzado Alondras que busca dar un salto de categoría este ano. Lembrar que na tempada pasada o Alondras gañou no Poboado por 1-2 na 34ª xornada de liga, o mesmo resultado que acadara o As Pontes na primeira volta. En tódolos enfrontamentos anteriores hai 7 vitorias pontesas por 6 do Alondras e sete empates, con 34 goles a prol do As Pontes e 17 anotados polo cadro do Morrazo.

Tres días despois disputará a primeira eliminatoria da copa Federación ante un Compostela, no que tamén son todo incógnitas e que visita o Poboado por décimo sétima vez, xa que a última vez foi na tempada 2012/13 na 3ª División, encontro que rematou coa vitoria dos compostelanistas por 0-1. De superar esta rolda, a dobre partido, enfrontarase na seguinte ó Cerceda.

TERCEIRA DIVISIÓN 2016/17 (2ª xornada)
C.D. AS PONTES – ALONDRAS C.F.
CAMPO DO POBOADO (As Pontes)
DOMINGO 28 DE AGOSTO DE 2016 (18,00 h)
ÁRBITRO: JOAQUÍN VENTOSO NOAL (Santiago)

COPA RFEF (1ª eliminatoria)
C.D. AS PONTES – S.D. COMPOSTELA
CAMPO DO POBOADO (As Pontes)
MÉRCORES 31 DE AGOSTO DE 2016 (20,00 h)

Nova cortesía de A.F.

También podría gustarte
Comentarios