CLUB DEPORTIVO AS PONTES 2016/17: PARTIDOS 31-MARZO / 1-2 / ABRIL /2017

O As Pontes pode certificar este domingo o descenso á Preferente despois de sete tempadas na Terceira División

Complicadísimo partido ten o CD As Pontes na mañá do domingo no campo “Baltasar Pujales” da Real Vila de Bouzas diante do Club Rápido, equipo que está na segunda posición con 58 puntos e con moitas probabilidades de xogar a promoción de ascenso.

O CD As Pontes é 18º na clasificación con 21 puntos. Nestes momentos a 20 puntos da salvación (quedan 21 en xogo), tendo en conta ós catro descensos directos e os dous por arrastre da 2ª División B (case seguro Somozas e moi posible o Boiro). Polo tanto, tería que haber unha milagre para que os ponteses mantiveran a categoría.

Tempo haberá para analizar como un histórico do fútbol galego con 9 tempadas na 2ª División B e 19 na Terceira División chegou a esta situación cando todo ía normal ata hai uns anos. Unha situación para moitos insólita e incomprensible. Non cabe dúbida de que os resultados aí están e nada se pode cambiar e o descenso de categoría pode producirse o vindeiro domingo. Co paso do tempo os afeccionados distanciáronse do Club e o campo do Poboado cada xornada que pasa ten menos seguidores nas gradas, como sucedeu o pasado domingo con moi poucos socios e case a metade eran seguidores do Vilalonga. En total non chegaban a 80 espectadores.

En campo vigués a historia reflicte doce enfrontamentos oficiais anteriores, con dúas vitorias do As Pontes (a da copa de Galicia de 1967/68 que gañara o entón Calvo Sotelo por 1-2 -3-1 no Poboado- e a da tempada 2000/01 na 3ª División do Endesa As Pontes, que vencera por 1-3), tres empates e 7 triunfos do Rápido de Bouzas, sendo o máis soado o da tempada 2010/11, que rematou con goleada de 7-0 a prol dos vigueses. Na presente tempada empate a cero goles no Poboado.

TERCEIRA DIVISIÓN 2016/17 (32ª xornada)
CLUB RÁPIDO DE BOUZAS – C.D. AS PONTES
CAMPO “BALTASAR PUJALES” (Bouzas, Vigo)
Domingo 2 de Abril de 2017 (12:00 h)
ÁRBITRO: HÉCTOR CASTIÑEIRA BLANCO (A Coruña)

LIGA FEMININA F-8 (Ferrol)
CD AS PONTES – EUME DEPORTIVO
Campo do Poboado (As Pontes)
Sábado 1 de Abril de 2017 (17:00 h)

1ª AUTONÓMICA XUVENIL 2ª Fase (Grupo 4º)
GALICIA SDC MUGARDOS – CD AS PONTES
Campo da Pedreira (Mugardos)
Sábado 1 de Abril de 2017 (18:00 h)

1ª AUTONÓMICA CADETE 2ª Fase (Grupo 4º)
CD AS PONTES – CD NARÓN “B”
Campo do Poboado (As Pontes)
Sábado 1 de Abril de 2017 (17:00 h)

1ª AUTONÓMICA INFANTIL 2ª Fase (Grupo 4º)
CD AS PONTES – NUMANCIA DE ARES
Campo do Poboado (As Pontes)
Sábado 1 de Abril de 2017 (11:00 h)

CATEGORÍA ALEVÍN (2ª Fase)
CD AS PONTES – GALICIA DE CARANZA
Campo do Poboado (As Pontes)
Venres 31 de Marzo de 2017 (18:30 h)
R. FERROL “C” – CD AS PONTES “B”
Campo da Malata-2 (Ferrol)
Sábado 1 de Abril de 2017 (13:15 h)

CATEGORÍA BENXAMÍN (2ª Fase)
CD AS PONTES – SD O VAL “B”
Campo do Poboado (As Pontes)
Sábado 1 de Abril de 2017 (11:00 h)
AD MIÑO – CD AS PONTES “B”
Campo de Gallamonde (Miño)
Sábado 1 de Abril de 2017 (12:30 h)

CATEGORÍA PREBENXAMÍN (2ª Fase)
SDCR NARÓN O FREIXO – CD AS PONTES
Campo de Río Seco (Narón)
Venres 31 de Marzo de 2017 (19:30 h)
CD AS PONTES “B” – CEDEIRA SD
Campo do Poboado (As Pontes)
Sábado 1 de Abril de 2017 (12:15 h)

Nova cortesía de A.F.

También podría gustarte
Comentarios