CLUB DEPORTIVO AS PONTES 2016/17: RESULTADOS 12-13-14 / MAIO / 2017

O equipo Alevín A perde a final de Copa de Ferrol na quenda de penaltis ante o gañador da Liga, o CD Narón.

O equipo Alevín A perde a final de Copa de Ferrol na quenda de penaltis ante o gañador da Liga, o CD Narón.

TERCEIRA DIVISIÓN 2016/17 (38ª xornada)
C.D. RIBADUMIA – C.D. AS PONTES (2-1)

Lóxico, aínda que sufrido, triunfo do Ribadumia, que se xogaba a permanencia, e coa salvación do Boiro, libérase así de calquer tipo de arrastres. Non así o Céltiga, que pese a gañar 3-0 ó Castro queda quinto pola cola e descende momentáneamente por arrastre do Somozas, salvo que o Deportivo B ou calquera dos outros tres equipos galegos ascendan a 2ªB.

Changui, que hai dúas campañas lle metera seis goleas ós azuis, catro no Poboado, adiantou ós locais de penalti, e pese a que no inicio do segundo tempo empataba Caique, pouco despois Juan Ángel facía o 2-1, resultado que xa non se moveu.

Remata antepenúltimo o As Pontes con 28 puntos, só por riba de Dubra (21), e Ordes (9). Xoga a fase de ascenso o Deportivo B como campión, e despois Rápido de Bouzas, Cerceda e Bergantiños.

Xogaron Rafa, Jandro, Buyo (Criado 73´), Núñez, Edi, Caique, Jaime (Josiño 61´), Prieto (Callón 45´), Fran, David e Ibu.

LIGA FEMININA F-8 (Ferrol)
SD RÁPIDO DE NEDA – CD AS PONTES (1-3)

O equipo feminino rematou a tempada cunha vitoria a domicilio 1-3 na casa do Neda, o undécimo clasificado. Paula Baamonde e Nuria poñían o 0-2 no primeiro tempo, e pese a que preto do final Marta situaba a incertidume no marcador, co tempo cumprido Paula Castro establecía o 1-3 definitivo.

Rematan a Liga nunha boa cuarta praza con 71 puntos. 21 vitorias, oito empates, e tan só 3 derrotas. 35 goles en contra e 78 a favor distribuidos entre Carlota (21), Paula Castro (15), Paula Baamonde (12), Noelia Ameneiro (10), Nuria (6), Yoli, Xeila, Carolina Rodríguez e Indira (2), e Yara, Alba, Verónica e Carolina Paz (1), descontando dous tantos en propia meta.

Xogaron neste encontro Leti, Yoli, Nuria, Noelia Ameneiro, Carolina Rodríguez, Xeila, Paula Castro, Carlota, Paula Baamonde, Yara, Alba e Carolina Paz.

CATEGORÍA ALEVÍN (Copa)
CD AS PONTES / CD AS PONTES “B”

Unha auténtica mágoa a derrota na quenda de penaltis do Alevín A pontés na final da Copa de Ferrol, o que non empaña a boa competición que fixeron.

No torneo no que se daban cita todos os 40 equipos da Liga, no seu grupo, venceron a Perlío B (3-2), Caranza (3-1), Narón O Freixo C (4-0), e Cariño (5-0).

Xa en oitavos de final gañaron 4-1 ó Racing de Ferrol C, 1-0 ó CD Narón B nos cuartos, e en semifinais 2-1 ó Rápido de Neda.

Na gran final, ante o Campión da Liga dos mellores, o CD Narón, empataron 1-1 xogando mellor que o conxunto naronés, que sen embargo, acabou impoñéndose na quenda de penaltis e conseguiu o dobrete.

O Alevín B pola súa banda, tivo moi mala sorte no seu grupo, poi gañou tres partidos, ante Eume Deportivo (2-1), Miño (1-0) e Racing de Ferrol B (2-0), perdendo únicamente co Racing de Ferrol C (1-2), pero acabaron pasando á seguinte rolda este equipo verde e o conxunto de Pontedeume por mellor diferencia de goles.

CATEGORÍA BENXAMÍN
UD CEBARCA – CD AS PONTES (2-9)

Vitoria 2-9 do Benxamín A en Cerdido, cinco goles de Manuel Campello, tres de Sergio Vázquez e un de Youssef Jaaouani. Seguen liderando con 48 puntos, cun encontro máis que Caranza C (47) e Ánimas (42). Na vindeira xornada reciben ó Animas, e descansan na última.

CD AS PONTES “B” (Copa)

O Benxamín B disputou a Copa, perdendo 0-1 e 0-4 ante Portuarios e Numancia de Ares respectivamente, despedíndose con unha goleada ó Perlío, 5-1.

CATEGORÍA PREBENXAMÍN
CD AS PONTES (Copa)

Tras unha moi boa Liga, o Prebenxamín A disputou esta fin de semana a Copa en San Sadurniño, empatando os seus dous primeiros encontros ante Ánimas B (2-2), e Racing de Ferrol (0-0), gañando no último de grupo 4-1 ó Numancia de Ares. Perderon en cuartos de final co CD Narón na quenda de penaltis (1-1), equipo que posteriormente resultou campión.

SD O VAL – CD AS PONTES “B” (1-5)
O Prebenxamín B pola súa banda venceu en Narón 1-5, con cinco tantos de Xoel Galego. Cuartos con 43 puntos reciben ó colista sen puntuar San Sadurniño B.

Nova cortesía AF, Pablo Montero, Xose Blanco e XF

También podría gustarte
Comentarios