O Arousa, un dos históricos do fútbol galego fundado en 1945, visita o Poboado por décimo novena ocasión.
O cadro de Vilagarcía leva cinco xornadas sen perder, con dúas vitorias e tres empates, está na oitava posición da clasificación con dous puntos máis có As Pontes, que a xornada pasada fixo a proeza de gañar no campo do líder Boiro, con moitos xogadores saídos da canteira ou do segundo equipo. Un resultado que lle permite case asegurar a permanencia na categoría, aínda que deberá acadar uns poucos puntos máis para lograla definitivamente, pois de todo pode pasar nas sete derradeiras xornadas que restan para o final de liga.
Os dous equipos levan disputados 18 partidos de carácter oficial no Poboado, dez na Terceira División, tres en Segunda División B e o resto en categoría rexional. Cinco vitorias para o conxunto pontés por sete do Arousa e seis empates, con 17 goles marcados por cada equipo dende a tempada 1964/65 (3ª División) en que disputaran o primeiro partido oficial no remodelado campo do Poboado o entón Calvo Sotelo e o Arousa con resultado final de empate a un gol.
TERCEIRA DIVISIÓN (32ª xornada)
C.D. AS PONTES – AROUSA S.C.
CAMPO DO POBOADO – AS PONTES – DOMINGO 3 (17,00 h)
ÁRBITRO: ALEJANDRO DEL RÍO AMOR (A Coruña)
SEGUNDA AUTONÓMICA – FERROL
FC ORTIGUEIRA – CD AS PONTES “B”
Campo de Morouzos – Ortigueira (Dom. 3, 17,00 h)
LIGA XUVENIL COMARCAL – FERROL
CD AS PONTES – CEDEIRA SD
Campo do Poboado – As Pontes (Sáb. 2, 17,00 h)
LIGA FEMININA FÚTBOL 8 – FERROL
SD RÁPIDO NEDA – CD AS PONTES
Campo Municipal de Neda (Sáb. 2, 16,00 h)
LIGA CADETE COMARCAL – FERROL
CD NARÓN “B” – CD AS PONTES
Campo do Cadaval – Narón (Sáb. 2, 12,00 h)
LIGA INFANTIL COMARCAL – FERROL
CCCD PERLÍO – CD AS PONTES
Campo dos Pinares – Perlío (Sáb. 2, 11,00 h)
LIGA ALEVÍN F-8 – FERROL
CD AS PONTES – CEDEIRA SD
Campo do Poboado – As Pontes (Sáb. 2, 10,15 h)
SD LIBUNCA – CD AS PONTES “B”
Campo da Gándara 3 – Ferrol (Sáb. 2, 11,15 h)
LIGA BENXAMÍN F-8 – FERROL
SD O VAL “C” – CD AS PONTES
Campo de Sinde – O Val (Ven. 1, 19,00 h)
CD AS PONTES “B” – EUME DEPORTIVO “B”
Campo do Poboado – As Pontes (Sáb. 2, 11,25 h)
LIGA PREBENXAMÍN F-8 – FERROL
SD RÁPIDO NEDA – CD AS PONTES
Campo Municipal de Neda (Sáb. 2, 12,00 h)
CD AS PONTES “B” – SRD ÁNIMAS “B”
Campo do Poboado – As Pontes (Sáb. 2, 12,35 h)
CATEGORÍA BIBERÓN (Liga Afaco)
SD RÁPIDO NEDA – CD AS PONTES
Campo Municipal de Neda (Ven. 1, 18,00 h)
Nova cortesía de A.F.