CLUB DEPORTIVO AS PONTES: RESULTADOS 15-16-18 / ABRIL / 2016

Terceira fin de semana de abril, na que o primeiro equipo volveu a dar unha de area, desperdiciando a posibilidade de estar virtualmente salvado. Por sorte, os seus tres últimos rivais en Liga, axudáronlle gañando a domicilio.

Terceira fin de semana de abril, na que o primeiro equipo volveu a dar unha de area, desperdiciando a posibilidade de estar virtualmente salvado. Por sorte, os seus tres últimos rivais en Liga, axudáronlle gañando a domicilio.

Triunfos do segundo equipo, feminino e xuvenil, e no partido clave do campionato, ó cadete escápaselle a Liga. Tamén venceron os dous Alevín e os dous Prebenxamín, quedando o Benxamín A a un triunfo do título.

SEGUNDA AUTONÓMICA GALEGA (Ferrol)
San Mateo CF – CD As Pontes “B” (0-1)

Boa vitoria do segundo equipo ante o San Mateo (0-1). Un filial azul no que Paco López ten moitas complicacións para completar as convocatorias nos últimos tempos, e con este triunfo pon fin a unha racha de catro derrotas contundentes. Noveno con 19 puntos, recibe na vindeira xornada ó CD Narón, segundo. Xogaron Rafita, Sergio, David, Guille, Manu, Darío, Lucho, Juan, Marcos, Totti, Rubén e despois Jandro, Iago, e Bruno. Anotou Juancito antes do descanso o tanto da vitoria.

LIGA FEMININA F8 (D. Ferrol)
SCD A Capela – CD As Pontes (1-5)

Triunfo do equipo feminino na súa visita á Capela, 1-5, con tres tantos de Carlota, que suma 14, un de Paula Castro, que chega ós 20, e outro de Xeila, o seu segundo da campaña. Ocupa a sexta posición con 53 puntos. Na vindeira xornada recibe ó Galicia de Caranza, decimo cuarto con 29. Xogaron polo feminino pontés, Leti, Noelia Santalla, Uxía, Indira, Vicky, Xeila, Paula Castro, Carlota, Paula Baamonde e Yara.

PRIMEIRA GALEGA XUVENIL (D. Ferrol)
CD As Pontes – CD Cariño (9-2)

Goleada por 9-2 do xuvenil ó colista Cariño, nun partido estraño, no que os visitantes quedaron con dez ós 15 minutos, pero á media hora tamén os locais quedaban cun menos. Entremedias retirábase Casas lesionado. Non obstante, antes de que os visitantes perderan a un xogador o marcador xa era de 3-0, e con 7-1 chegouse ó descanso. Xogaron Lino, Iago (1), Jorge (1), Martín, Alex Blanco, Alex Cabarcos, Xose (1), Iván, Rey (2), Casas (1) e Pita (2), saíndo despois Manuel, Antón, Alex Pico, Ayrton e Jandro (1). Terceiro con 42 puntos visita na seguinte xornada ó Portuarios, que ten catro puntos máis, na última posibilidade de colarse en postos de play off.

PRIMEIRA GALEGA CADETE (D. Ferrol)
SRD Portuarios – CD As Pontes (3-1)

Conseguiu media liga o Portuarios, tras vencer este sábado por 3-1 ó cadete pontés, pois sácalle un punto, mailo goal average. faltando tres xornadas. Pablo anotaba nada máis comezar e Jorge poñía o segundo antes do descanso. Tralo descanso, Pani recortaba distancias, pero Raúl poñía o 3-1 definitivo para os ferroláns. Xogaron Mateo Cociña, Alex López, David, Fraga, Bruno, Chema, Carlos, Javi, Dani, Alberte e Cazás, saíndo despois Mateo, Alex Barro, Pani e Manuel. Os azuis reciben ó San Pedro, sexto, visitan ó Val, noveno, e rematan a competición recibindo ó colista Galicia de Mugardos. Deberán tentar gañar os tres encontros e agardar un tropezo.

PRIMEIRA AUTONÓMICA INFANTIL (D. Ferrol)
SRD Portuarios – CD As Pontes (5-2)

Derrota do infantil por 5-2 na súa visita ó Portuarios, ambos tantos de Vicente. Os de Rivas son oitavos con 12 puntos, descansan na vindeira xornada e rematarán a liga visitando ó Ánimas, que ten os mesmos puntos. Xogaron polo As Pontes, Edgar, Nono, Eyob, Santi, Antonio, Xan, Adrián, Dani, Xoel, Vicente e Joan, xogando despois Alex Riobo, Mohamed e Iván.

PRIMEIRA CATEGORÍA ALEVÍN (D. Ferrol)
CD As Pontes – SD Rápido de Neda “B” (3-1)
SRD Ánimas “B” – CD As Pontes “B” (1-2)

Vitoria do Alevín A (3-1) ante o Rápido de Neda B. Son segundos con 30 puntos, pero a catro do Eume Deportivo, descansando ademais na vindeira xornada. Tantos de Xoel Purriños, Ismael Freire e Hugo Blanco. Sufrida ,pero importante vitoria do Alevín B, que venceu 1-2 na casa do oitavo clasificado Ánimas B. Os tres equipos de arriba manteñen o pulso, Rápido de Neda (37 puntos), As Pontes (36) e Eume Deportivo B (35). A próxima xornada reciben no Poboado ó Cebarca, décimo. Un gol en propia meta e outro de Alex Montero.

PRIMEIRA CATEGORÍA BENXAMÍN (D. Ferrol)
FC Ortigueira – CD As Pontes (0-2)
C D As Pontes “B” – Galicia de Mugardos (0-7)

Triunfo do Benxamín A, 0-2 en Ortigueira. Lidera a clasificación con 40 puntos, e ó levar seis de vantaxe ó Val e quedar só tres xornadas, poden cantar o alirón no vindeiro partido recibindo ó conxunto de Miño, oitavo, pois tamén teñen o goal average gañado cos valexos. Pero partido moi difícil contra o equipo do Ortegal, que a pesar de ser penúltimo, só se lle puido gañar nos derradeiros minutos con tantos de Xandre Fernández e Israel Varela. Derrota sen paliativos a do Benxamín B 0-7 ante o líder Mugardos. Seguen de quintos con 22 puntos, visitando a semana que vén ó noveno, Galicia de Caranza C.

PRIMEIRA CATEGORÍA PREBENXAMÍN (D. Ferrol)
Eume Deportivo – CD As Pontes (4-5)
CD As Pontes “B” – FC Ortigueira (6-5)

Axustado, pero gran triunfo do Prebenxamín A, 4-5 en Pontedeume. Seguen terceiros con 29 puntos nunha Liga dos mellores, onde o Rápido de Neda xa é campión matemático a falta de tres xornadas, pois ten 41 puntos, e o segundo, Racing de Ferrol, 31. Os azuis reciben ó Galicia de Caranza B, noveno clasificado con 7. Os ponteses chegaron a ir 0-3 e 1-4, e viron como lles empataban o encontro no derradeiro minuto, pero acabaron sacando os tres puntos sobre o asubío final. Goles de Xoel Vigo (2), Diego Ortigosa (2) e Nicolás Meizoso. Tamén sufrido triunfo do Prebenxamín B, 6-5 ante o Ortigueira, co que seguen terceiros con 38 puntos antes de visitar ó cuarto clasificado con 34, Racing de Ferrol B. Goles de Nacho Villasuso (3), Xandre Domínguez, Lucas Blanco e Íker Ares.

Nova de Xosé A. Ferreiro e A.F.

También podría gustarte
Comentarios