CLUB DEPORTIVO AS PONTES: RESULTADOS 19-20 / NOVEMBRO / 2016

Triste derrota do As Pontes ante un rival directo. Gran vitoria do xuvenil, ante o mellor equipo da primeira fase. Tamén gañaron o feminino, cadete, infantil, benxamín B e prebenxamín A

Triste derrota do As Pontes ante un rival directo. Gran vitoria do xuvenil, ante o mellor equipo da primeira fase. Tamén gañaron o feminino, cadete, infantil, benxamín B e prebenxamín A

TERCEIRA DIVISIÓN NACIONAL (Galicia)
CD Choco – CD As Pontes (1-0)

Non puido sacar nada positivo o As Pontes en Redondela, onde perdeu de penalti (1-0) ante un rival directo como é o Choco. Unha discutida infracción, foi transformada en gol por Rober ó comezo do segundo tempo, dando ós locais tres puntos moi valiosos. Ademais da pena máxima, na xogada foi expulsado o almeriense Borja López, que reaparecía tras varios partidos lesionado.

Polos locais resaltar dúas ocasións de Óscar, unha salvada por un defensa baixo paus, e outra, un man a man que salvou Paco. Polos ponteses, apenas destacar un cabezazo de Ibu.

O As Pontes é penúltimo con nove puntos, antes de recibir ó Cerceda de Cuéllar, que ten ó pichichi Uxío, os ex ponteses Cañizares, Angeriz e Juan, o pontedeumés Alex Ares, e o aresán Carlos López. Os do Roxo levan catro triunfos consecutivos, e xa son terceiros con 24 puntos.

Xogaron polo CD As Pontes, Paco, Jaime (Marcote 76´), Buyo, Callón, Edi, Borja, Pablo Ramos, Pablo Rubio, Ibu, David González (Álvaro Rey 86´) e Samuel (Morrys 61´).

LIGA FEMININA F8 (D. Ferrol)
Eume Deportivo – CD As Pontes (1-2)

Vitoria por 1-2 do feminino no campo do Eume Deportivo. Paula Baamonde adiantou ás azuis no primeiro período, e se ben no comezo do segundo igualaba Ebenecer, a falta de 15 minutos Carlota poñía o 1-2 definitivo. Terceiro con 23 puntos, recibe ó Perlío, sétimo con 16. Xogaron polas pontesas, Leti, Yoli, Noelia Santalla, Carolina, Uxía, Noelia Ameneiro, Xeila, Paula Castro, Carlota, Paula Baamonde, Yara e Alba.

1ª AUTONÓMICA XUVENIL 2ª FASE (D. Ferrol)
Galicia de Caranza B – CD As Pontes (1-3)

Gran triunfo por 1-3 do xuvenil ante o Galicia Caranza B. Quitou as penas de enriba o equipo pontés por non clasificar a semifinais de Copa, tras vencer ó líder do complicado grupo B, que gañou tódolos encontros, agás un empate ante o outro semifinalista, Portuarios. Nunha curiosa xornada, o Numancia, gañador do grupo A, perdeu 1-4 ante o Ensanche.
No primeiro período marcaron Andrés e Josiño. Aínda que Jose no comezo do segundo apertaba o marcador, Casas no derradeiro minuto poñía o 1-3 definitivo. O As Pontes suma tres puntos antes de recibir ó perigoso Portuarios, que hoxe venceu por 6-0 ó Cariño. Xogaron polos de Felipe Mieres, Lino, Fraga, Manuel Fernández, Bruno, Unai, Iago, Carlos, Andrés, Cazás, Casas, Josiño, entrando despois Alex Barro, que foi expulsado, Manuel Romero e Derick Sakpa.

1ª AUTONÓMICA CADETE 2ª FASE (D. Ferrol)
CD As Pontes – Narón O Freixo (3-2)

Comezou con vitoria o conxunto cadete no inicio da Liga ó gañar 3-2 ó Narón O Freixo. Con tres puntos visitan ó San Sadurniño, que comezou perdendo 5-0 ante o Ánimas. Adiantou Nono ós de Rubén Pardo, pero Mario no borde do descanso empatou. No segundo tempo chegaron dous golazos polo escuadro de Xan, e aínda que Cristian recortou distancias, os azuis mantiveron o 3-2 ata o final. Xogaron polo As Pontes, Juan, Eyob, Nono, Santi, Antonio, Antón Paz, Mohamed, Jose, Vicente, Xan e Joan, entrando despois Xavi, Adrián, Xoel e Azoin.

1ª AUTONÓMICA INFANTIL 1ª FASE (D. Ferrol)
CD Cañoles – CD As Pontes (2-20)

Esaxerado resultado do infantil, que gañou por 2-20 ó Cañoles, nun partido que tivo pouca historia. Sextos con nove puntos, na derradeira xornada reciben ó Narón O Freixo, penúltimo con catro puntos. Garanten xogar no segundo grupo. Xogaron polos ponteses, Mario Regueiro, Eloy Galdo (1), Xose Paz, Alejandro Riobo (1), Samuel Seco (1), Mario Fraga (1), Xoel Purriños (3), Sergio Hermida (2), Jandro (3), Hugo Blanco (1), Manuel Novo (3). Despois entraron Marcos Fernández, Edgar Fachal, Sergio Paz, Mateo Gabeiras (1) e Ismael Freire (1). Dous tantos en propia meta.

1ª AUTONÓMICA ALEVÍN 1ª FASE (D. Ferrol)
CD As Pontes – CD Narón (2-4)
CD Narón B – CD As Pontes B (5-3)

Derrota do Alevín A por 2-4 ante o CD Narón. Tantos de Alex Montero e David Cendán. Terceiros con 15 puntos, visitan ó líder invicto Galicia de Caranza B. O Alevín B perdeu por 5-3 nos derradeiros minutos ante o CD Narón B. Dous goles de Anxo Blanco e un de Xandre Fernández. Cuartos con 13 puntos, reciben ó colista cun só punto, Galicia de Caranza C.

1ª AUTONÓMICA BENXAMÍN 1ª FASE (D. Ferrol)
CD As Pontes – SD Rápido de Neda (2-3)
FC Ortigueira – CD As Pontes B (2-5)

Derrota no Poboado do Benxamín A por 2-3 diante do Rápido de Neda. Tralo 0-2, Sergio Vázquez e Diego Lozano lograron o empate, pero no último minuto, o equipo visitante acadou o triunfo. Oitavos con nove puntos, visitan ó Ánimas, décimo, coa mesma puntuación. Boa vitoria do Benxamín B por 2-5 no campo do Ortigueira. Goles de Paulo Cabaleiro (2), Diego Solano, Xalo González e Nicolás Meizoso. Cuartos con 13 puntos, reciben ó líder invito, Galicia de Caranza.

1ª AUTONÓMICA PREBENXAMÍN 1ª FASE (D. Ferrol)
AD Miño – CD As Pontes (1-5)
CD As Pontes B – Galicia de Caranza C (2-3)

Triunfo do Prebenxamín A, 1-5 ante o Miño. Goles de Xandre Domínguez (2), Iker Ares (2) e Nacho Villasuso. Segundo con 21 puntos, recibe ó San Sadurniño, terceiro con 18. Derrota (2-3) pola mínima do Prebenxamín B ante o Galicia de Caranza C, con tantos de Iker Díaz e Xoel Galego. Na vindeira xornada visitan ó San Sadurniño B, no duelo entre os dous equipos aínda sen puntuar.

Nova cortesía de Xosé A. Ferreiro e A.F.

También podría gustarte
Comentarios