Club de Montaña O Caxado – Andaina polo Rio Belelle

O vindeiro Domingo día 20 de Febreiro iremos recorrer o Rio Belelle desde O Gallel en Goente ata O Roxal no concello de Neda, aproximadamente 20 kms de dificultade baixa. Sairase as 8:30 do Polideportivo municipal para chegar o remate da ruta arredor das 2 ou 2:30 do mediodia.
Andaina polo Rio Belelle
Desde O Gallel(Goente) ata o Roxal(Neda)
Muiño do Barreiro_Igrexa da Cabalar_Rio Cuberto-Formariz_Chiringuito do Belelle_Canal_Fervenza do Belelle_Pazo de Isabel II
Domingo 20 de Febreiro
belelle.jpg


Saída as 8:30 da mañá do Polideportivo
Distancia 20 km
Dificultade baixa
Socios 5 € Non Socios 10 €
Anotarse antes das 8 da tarde do Venres día 18 chamando ao número 654166777 ou no e-mail: jcaaveiro@yahoo.es
Nº prazas limitado segun orde cronoloxica da chamada, con preferencia os socios do Club de Montaña
Nota: O Club de Montaña O Caxado é unha entidade sen animo de lucro formada por afeccionados ó sendeirismo , montañismo, escalada, etc, que tratamos de facilitar a posibilidade participar a socios ou non socios. Por iso, o prezo que aparece no cartel é unicamente para sufragar os gastos de cada actividade, (Transporte, preparación da ruta, etc…). Así mesmo, como tales afeccionados, non nos vemos capaces de aceptar a responsabilidade de acompañar a persoas con problemas de saúde ou de idade avanzada, as cales aconsellamos dirixirse a asociacións que dispoñan de medios e persoal adecuado para cada caso.
Como participante, polo feito de inscribirme, acepto voluntariamente acatar as normas que os organizadores indiquen durante a actividade e declaro estar na condición física axeitada para completar a proba, eximindo de calquera responsabilidade á organización en calquera caso.

También podría gustarte
Comentarios