Club de Montaña O Caxado – Ruta no Mandeo

Este Domingo día 20 de Marzo fomos ate Betanzos para facer unha camiñada polas beiras do Rio Mandeo. As 9 da mañá saímos do polideportivo 42 persoas que xunto con outro compañeiro que xa nos agardaba alí comenzamos a camiñar a beira do Mandeo no tramo urban que lle chaman o Paseo do Malecón. Despois de cruzar a estrada de Ferrol seguimos polas ultimas Rúas de Betanzos e logo seguindo a estrada que lle chaman camiño de Armea acadamos o comenzo docarreiro que vai pola beira do Mandeo que aqui inda é ría. Atravesamos a zona onde se celebra todolos verans a romería dos Caneiros, e podemos ver bastantes restos dela, así como dos chiringuitos que montan os romeiros, e que alguns deixan dun ano para outro. Acadamos a Ponte Teixeiro e cruzamos á beira esquerda do río, seguimos por un camiño amplio que vai perto do río e que esta sombreado polas abeleiras e outras árbores típicas das beiras.
Club de Montaña O Caxado - Ruta no Mandeo

Na outra beira do río vemos o que foi un gran muiño, é o muiño do Chelo, que foi n muiño de maquila de moita sona na comarca das mariñas, isto indicanos que estamos a piques de chegar o coto de pesca do Chelo donde se atopa asimesmo a aula da natureza. seguimos pola esquerda rio arriba e aquí comenza o tramo máis espectacular do camiño, a vistosidade e colorido das fragas unese a inmensidade das formacions rochosas que unhas veces nas beiras e outras no propio cauce fan retorcerse ó río en ifinitas voltas que nos ofrecen imaxes dignas de unha ollada máis pausada. Acadamos así un pequeno mirador natural na zona do Pazo Vello dende o que temos unha vista do monte da Espenuca na outra banda do río, despois de pasar polos restos do antiguo balneario do Bocelo de Augas sulfurosas que tuvo moita xente ate os anos 30 ou 40 cando foi destruido polo lume, chegamos a central hidroelectica do Zarzo, que leva ese nome por recoller a auga do río Zarzo para o seu funcionamento. aqui sera o punto onde daremola volta e cruzando a outra beira do rio baixaremos ate o coto do Chelo onde voltremos a cruzar e retomar ocamiño que trouxemos , para voltar a Betanzos, onde chegaremos as 2:30 despois de percorrer cerca de 20 kms.

Nova cortesía de Chucho

También podría gustarte
Comentarios