Club de Montaña O Caxado
O pasado fin de semana, aproveitando o festivo, oganizouse unha saida ó parque natural de Somiedo; foron 8 compañeiros a pasar alí estes días, e como eu non fun, deixo que volo conten eles mesmos:
Dia 9
Chegada a Saliencia sobre as 20:30 e despois de instalarnos e cear preparamos a ruta para o dia 10, sábado, decidimos comenzar por unha ruta en principio facil, a PR.AS-15 Ruta los lagos.
Dia 10
Levantámonos as 8:00 da maña para preparar o material e as 9:30 almorzar no albergue, as 10:00 collemos os coches e dirixímonos o alto da Farrapona, onde deixamos o coche e nos preparamos para comenzar a ruta, o dia amence con orballo e neboa, esta ruta e un dos itinerarios mais clásicos e populares de Somiedo, dende o alto da Farrapona parte o recorrido para acceder a os lagos da Cova, Cerveriz e a Calabazosa, conocido no seu conxunto como os lagos de Saliencia, para alargar a ruta decidimos continuar hasta lago do Val PR.AS-15.1, despois de atravesar a vega de Camayor e traspasar a serra de Tarambicu, que separa as duas cabeceiras glaciares, dende o lago baixamos ata o pobo de Valle de Lago para tomar un cafeiño e dispoñernos a voltar e disfrutar do bo tempo que nos acompañou pola tarde, o chegar ao coche tres compoñentes decidimos baixar polo arroyo de los Llagos para rematar no albergue de Saliencia despois de poder escoitar a berrea dos cérvidos que habitan estes lugares.
Dia 11
Este dia decidimos madrugar un pouco mais xa que nos tiñamos que desprazar hasta Sta María del Puerto, en el mismo puerto de Somiedo, e despois de almorzar nunha taberna que atopamos no camiño no pobo de Caunedo chegamos ao noso punto de saída PR.AS-10, o dia amenceu con neboa e orballo ainda que foi cambiando a mellor hasta facer un dia soleado e de moito calor, o noso reto era alcanzar o cumio de El Cornón (2194 m), esta e a cima mais alta de Somiedo e de todo este sector da Cordillera Cantábrica, as 12:00 alcanzamos os 8 compoñentes de este reto o cumio divisando dende o alto o pico Miravalles polo occidente e o macizo das Ubiñas polo este, logo de facer as fotos correspondentes e de disfrutar das vistas comenzamos a baixar para o val, despois de tomar un tentenpe, descansar un pouco e relaxarnos ao sol, catro de nos decimos continuar as nosas ascensions, tentando subir a Penouta (1976 m), a primeira vista parece complida a subida e moito mais o descenso, pero imos avanzando pouco a pouco hasta conseguir chegar e disfrutar das suas vistas, o pobo de La Peral (premio de excelencia turística 1990), Porto de Somiedo e como non a nosa anterior cima do Cornón, comenzamos o descenso por terreno muy escarpado no que hai que poñer todos os sentidos e despois dunhas tres horas xuntamonos cos nosos compañeiros no pobo de Sta Maria del Puerto para tomarnos unha cervexa e retirarnos o noso albergue para descansar e preparar a ruta do dia seguinte.
Dia 12
Este último dia vanse tres compañeiros e os cinco restantes decidimos facer a ruta da Braña de Mumian PR.AS-11, esta e unha das brañas mais coñecidas e visitadas e quizais a mais suxerente polo paraxe onde se atopa. Desde a aldea de Llamardal sae o camiño que ascende suavemente hasta a Braña tras subir a media ladeira Peña Gúa e sen perder nunca as magníficas panorámicas do val de Somiedo. Desde a braña decidimos continuar polo hayedo da Enramada hasta o pobo de Buenamadre no que descansamos e disfrutamos un anaco de este fermoso pobo.
Nova cortesía de Chucho