Para rematar o ano vamos facer unha camiñada dende As Pontes ate O Caxado. Seran arredor de 17 Kms de dificultade alta, ainda que isto non vos asuste, pois a dificultade e mais polo irregular do terreo que non polo esforzo preciso para andalo. Iso si, imos cruzar por zonas campo a traves e recomendamos levar un calzado apropiado (botas de sendeirismo ou similares) e tamen pantalon largo se non queredes picar as pernas, pois algun toxo haberá. Tamen e aconsellable levar baston ou unha vara que sirva de apoio, pois as baixadas polas fragas sempre son esvaradias.
O camiño levaranos a ver velloss muiños e “plantas da luz”, asi como zonas de inundación do encoro da Ribeira, hoxe valeiras por mor da seca dos meses anteriores, tamen poderemos chegarnos o mirador da Calvela, que nos presenta unha imaxe do encoro dende un punto orixinal e por suposto a subida polas fervenzas de Somede que a pesar de non estar na sua plenitude seguen a ter moito que ver.
Remataremos no Caxado donde teremos transporte para voltar, e esperamos chegar para comer, pero todo dependerá do ritmo da marcha, asi que podedes levar algo por se vos da a fame.
Sairase do aparcadaioro do Eroski as 9 da maña do Domingo dia 6 e o tempo estimado sera entre 5 e 7 horas.
Anotadevos antes da 3 da tarde do venres para organizar o transporte de volta.
Nova cortesía de Chucho