Club de Montaña O Caxado

Un domingo máis o Club de Montaña O Caxado saíu a camiñar pola contorna do pobo, nesta ocasión un perocorrido pola beira do pantano, ata o Rego anterior á Riveira Vella polo cal subimos parando a contemplar unha pequena fervenza para seguir subindo ata a subestación, dende onde comenzamos a baixada polo Rego do Inferno ata chegar o pantano, para seguir ata a muralla, para facer o tramo de recente apertura xusto na marxe esquerda do río. Unha vez chegados a metade decidimos facer unha pequena introdución a media montaña subindo cara á Carballeira cos seus correspondentes descansos, un tramo de 450 metros cunha pendente media de 38% tramo acondicionado por membros do club. Un paseo curto (13 km) pero intenso.

También podría gustarte
Comentarios