CLUB DEPORTIVO AS PONTES: PARTIDOS 28/29/30 – MARZO – 2014

A XORNADA
DORNEDA-AS PONTES (3ª División): Para o As Pontes non hai marxe para máis tropezos, que este domingo xoga na casa do Dorneda, equipo que pecha a clasificación despois da súa derrota en Laracha e a sorprendente vitoria do Grixoa no campo do Cultural Areas. Os ponteses, que só sumaron dous puntos nas últimas cinco xornadas, non deben desperdiciar esta boa ocasión de acadar os tres puntos para seguir mantendo opcións de disputar a promoción de ascenso á categoría de bronce do fútbol español.
CD-Dorneda.jpg
AS PONTES B (2ª Autonómica): Partido difícil para o segundo equipo pontés no campo do segundo clasificado, Rápido de Neda. Nas últimas xornadas os equipos de abaixo complicáronlle a situación ós ponteses, que agora están na quinta praza a once puntos do líder Cedeira e a oito do Neda.
AS PONTES XUVENIL (Liga Galega): Tamén difícil partido para o conxunto xuvenil, que este sábado recibe no Poboado ó Escola de Fútbol Lalín, cuarto con 45 puntos por 22 o As Pontes (16º).
AS PONTES FEMININO (Fútbol 8): Non debe pasar demasiados apuros o As Pontes feminino (4º con 48 puntos), que este sábado enfróntase no Poboado ó Galicia de Caranza, 13º con 15 puntos.
AS PONTES CADETE: O cadro cadete, que a xornada anterior empatou na casa co Perlío, vese obrigado a gañar en Pontedeume ó Eume se non quere verse descolgado da segunda posición, que precisamente ocupan os eumeses con catro puntos máis cós ponteses.
AS PONTES INFANTIL: Espérase un bo partido este venres no Poboado entre o As Pontes (1º) e Portuarios (2º). O outro equipo que tamén loita polo liderato, R. Ferrol B, xoga na casa do Val. Os tres teñen nestes momentos 35 puntos e quedan oito xornadas para o final de liga.
CATEGORÍAS DE FÚTBOL 8: En categoría alevín, complicados partidos para os dous equipos alevíns. O A recibe na casa ó Amistade Meirás B (6º), mentres que o B xoga no campo do Eume (1º). En categoría benxamín, o conxunto A recibe ó Ánimas (3º) e o B xoga na Malata co R. Ferrol D (2º). Tamén difíciles encontros na categoría prebenxamín, o As Pontes A (6º) xoga no Poboado co San Pedro (4º) e o conxunto B (7º) faino en Cedeira ante o colista, Cedeira B.


HORARIOS PARTIDOS FIN DE SEMANA
TERCEIRA DIVISIÓN (32ª xornada)
C.D. DORNEDA – C.D. AS PONTES
CAMPO DO CONDÚS, Dorneda (Domingo 30 – 18,00 h)
ÁRBITRO: ABEL FERNÁNDEZ LODEIRO (Santiago)
SEGUNDA AUTONÓMICA
SD R. NEDA – CD AS PONTES B
Campo Municipal de Neda (Domingo 30 – 16,30 h)
LIGA FEMININA F-8
CD AS PONTES – Gª CARANZA
Campo do Poboado (Sábado 29 – 16,30 h)
LIGA XUVENIL GALEGA
CD AS PONTES – E.F. LALÍN
Campo do Poboado (Sábado 29 – 16,30 h)
LIGA CADETE
EUME DEPORTIVO – CD AS PONTES
Campo da Gándara, Pontedeume (Sábado 29 – 10,00 h)
LIGA INFANTIL
CD AS PONTES – SDR PORTUARIOS
Campo do Poboado (Venres 28 – 17,30 h)
LIGA ALEVÍN
CD AS PONTES – AMISTADE MEIRÁS B
Campo do Poboado (Sábado 29 – 10,00 h)
EUME DEPORTIVO – CD AS PONTES B
Campo da Gándara, Pontedeume (Venres 28 – 19,30 h)
LIGA BENXAMÍN
CD AS PONTES – SD ÁNIMAS
Campo do Poboado ( Sábado 29, 11,10 h)
R. FERROL D – CD AS PONTES B
Campo da Malata-3, Ferrol (Venres 28, 18,50 h)
LIGA PREBENXAMÍN
CD AS PONTES – R. SAN PEDRO
Campo do Poboado (Sábado 29, 12,20 h)
CEDEIRA SD B – CD AS PONTES B
Campo do Beco, Cedeira (Sábado 29, 18,00 h)
CATEGORÍA BIBERÓN
CULTURAL MANIÑOS – CD AS PONTES
Campo do Pote, Maniños (Venres 28, 18,30 h)
PARTIDOS APRAZADOS (O Poboado)
Alevín A: CD AS PONTES – SD ÁNIMAS (Xoves 27, 18,45 h)
Benxamín B: CD AS PONTES B – CEDEIRA SD (Xoves 27, 17,45 h)
Nova cortesía de A.F.

También podría gustarte
Comentarios