CLUB DEPORTIVO AS PONTES: Resultados 30/31 – Maio / 1 – Xuño – 2014
PROMOCIÓN DE ASCENSO Á LIGA GALEGA INFANTIL
CD As Pontes Once Caballeros CF (1-5)
Unha de cal e outra de area para o equipo infantil esta fin de semana. No encontro de ida da fase de ascenso recibían os azuis ó Once Caballeros de Cambre, e perderon por 1-5. Adiantáronse os visitantes na primeira metade, pero o gran Sergio conseguía empatar nunha xogada na que marca de volea polo escuadro tras facer tres sombreiros. Pero na segunda metade os visitantes fixeron catro goles e sentenciaron a eliminatoria.
Xogaron polo Club Deportivo As Pontes: Malena, Cazás, Bruno, Fraga, David, Pani, Chema, Sergio, Alberte, Carlos e Dani. Entrando no segundo tempo Alex, Xose Adega, Diego e Mateo. Arbitrou o colexiado Javier Iglesias Villanueva.
SEMIFINAL DA COPA AFACO INFANTIL
Numancia Ares SD O Val (1-4)
CD As Pontes- Numancia Ares (4-1)
SD O Val CD As Pontes (0-0, 3-4)
Xa na mañá do domingo xogaron a semifinal do trofeo Afaco, e tanto o Val como o As Pontes venceron ó Numancia de Ares por 4-1, empatando 0-0 no encontro que os enfrontou entre eles, tendo que recorrer á quenda de penaltis. Un balón ó longueiro do Val, un poste de Alberte e unha boa parada de Malena posibilitaron a vitoria dos azuis por 4-3 e clasifican para a final que se disputará o 13 ou 14 de xuño en campo aínda por determinar.
CUARTOS DE FINAL DA COPA AFACO CADETE
Numancia Ares CD As Pontes (0-1)
SD R. Neda Numancia de Ares (1-0)
SD R. Neda CD As Pontes (1-3)
Tras superar a primeira rolda vencendo ó Numancia de Ares (1-0) e ó Rápido de Neda (3-1) o As Pontes Cadete clasificouse para disputar a semifinal no campo dos Pinares o vindeiro sábado 7 de xuño, onde se enfrontará ó Perlío, gañador do grupo B. A outra semifinal disputarana no campo do Beco o Cedeira e Meirás.
1ª AUTONÓMICA BENXAMÍN F-8 (2ª Fase)
ARD Portuarios – CD As Pontes (1-1)
CD As Pontes B SRD Portuarios B (5-3)
Por fin rematou a competición de liga da categoría benxamín con bos resultados para os dous equipos ponteses, xa que o Benxamín A empatou a un gol na súa visita ó Portuarios mentres que o Benxamín B venceu por 5-3 ó Portuarios B no campo do Poboado. O conxunto A Remata a Liga DE oitavo con 40 puntos, mentres que o B queda na décima posición con 21 puntos.
CATEGORÍA BIBERÓN
Xornada de Convivencia no Poboado
Coa asistencia de máis de medio milleiro de espectadores disputouse o pasado venres no campo do Poboado a derradeira xornada de categoría biberón, competición organizada pola Afaco. Nos seis partidos ó longo da tarde participaron máis de cen nenos e nenas do As Pontes, O Val, Eume, Rápido de Neda, Cultural Maniños, Perlío, EF Cabanas, Galicia de Mugardos, Barallobre, Miño, Numancia de Ares e Narón BP. Ó remate da xornada houbo entrega de medallas e agasallos para os pequenos deportistas.
Nova de Xosé A. Ferreiro e A.F.