CLUB DEPORTIVO AS PONTES: RESULTADOS 22-23-24 DE FEBREIRO

SEGUNDA DIVISIÓN FEMININA: TORDOIA CF – CD AS PONTES (2-0)
Perdeu o equipo feminino 2-0 en Tordoia no derradeiro encontro da Liga. A pesar da espartana dedicación de Salido, mala segunda volta do equipo azul, entre a carencia de gol, algunhas lesións e ausencias destacables en varias xornadas son as causas deste baixón das pontesas no segundo treito da competición. Na primeira volta acadaron sete vitorias e encaixaron tres derrotas, pero na segunda foi todo o contrario, só tres triunfos por sete partidos perdidos. Os que foron a máis resultaron ser os equipos contrarios, co que acaba a Liga con vinte partidos disputados, dez vitorias, outras tantas derrotas e ningún empate, 30 puntos, 58 goles a favor (43 deles na primeira volta) por 29 en contra. Remata o campionato de liga na quinta posición, grazas ó bagaxe obtido na primeira volta, pero con Tordoia e Orzán B pisando os talóns. Campión o Dubra con 53 puntos, que ascende de categoría, por 52 do Monte Forte, que promociona. Máis información en http://aspontesenfeminino.wordpress.com/
feminino.jpg


CATEGORÍA CADETE: CD AS PONTES – MEIRÁS CF (3-0)
O equipo cadete gañou 3-0 (Brais Blanco, Iago e Roberto) ó Meirás nunha xornada na que todos os ollos estaban no duelo entre os grandes, Galicia de Caranza e O Val, resolto a prol dos primeiros, 4-0. Finaliza a primeira volta co Galicia de Caranza con 31 puntos, O Val 28, As Pontes 23, e Narón BP 18. Reciben ó Galicia de Mugardos no comezo da segunda volta.
cadete
cadete
cadete
cadete
cadete
cadete
cadete
cadete
cadete
cadete
CATEGORÍA INFANTIL: CD AS PONTES – FC ORTIGUEIRA (4-2)
Sensacional o conxunto infantil que gañou por 4-2 (Josiño -2- Ayrton e Sergio) a un óso duro de roer, e que parecía invencible, como o Ortigueira, por 4-2, pero o resto de rivais non afrouxan, e tamén gañaron, o Racing 1-8 en Maniños e o Portuarios 4-2 ó Val. Ferrol 30, As Pontes e Portuarios 28 e Ortigueira 25. Xa moi alongado, O Val, con 16. Comeza a segunda volta o As Pontes en Ferrol ante o Portuarios, repetindo a final de Copa.
infantil
infantil
infantil
infantil
infantil
infantil
infantil
infantil
infantil
infantil
CATEGORÍA ALEVÍN
Bo empate a (0-0) do Alevín A na casa do terceiro clasificado, Narón BP, co que se sitúan sétimos con oito puntos e deberán tentar lograr o triunfo a semana que vén coa visita do derradeiro clasificado, Galicia de Caranza D. Gran vitoria do Alevín B ante o Cebarca por 5-1 (Xan -2- Xoel -2- e Brais). Son sextos con nove puntos. Visitan a vindeira fin de semana ó pechacancelas Cedeira B.
alevin_a
alevin_b
CATEGORÍA BENXAMÍN
Sigue o pulso entre o Rápido de Neda e o As Pontes Benxamín A, así os do Rápido gañaron por 8-2 ó Racing de Ferrol B, mentres que os azuis fixérono por 7-2 (Joan -3- Jandro -3- e Dani) ante o agora sexto clasificado, Cedeira B. Neda 31 puntos, e As Pontes,30, seguidos de San Pedro e Numancia con 23 e Meirás con 22. Visita ó Eume a semana que vén. Gran vitoria do Benxamín B, 1-6 (Mario Fraga -2- Iker -2-, Agustín e Xoel) no campo do Eume B, que os sitúa oitavos con dez puntos á espera de recibir ó Cedeira, que vai catro puntos por riba.
benxaminA
benxaminA
benxaminA
benxaminA
benxaminA
benxaminA
benxaminA
benxaminA
benxaminA
benxaminA
CATEGORÍA PREBENXAMÍN
Moi ben o Prebenxamín A, que gañou 1-4 (Álex Montero -2- Iago e Diego Purriños) ó Eume Deportivo e logra a primeira vitoria no grupo dos mellores situándose oitavo con 5 puntos, á espera de recibir ó líder intratable, Galicia de Caranza, que conta os seus partidos por goleadas. Moi ben tamén o Prebenxamín B, que gañou 4-3 (Anxo, Carlos, Antón e David) ó Cedeira B e xa suma 11 puntos na sexta posición, descansando a vindeira fin de semana.
prebenxaminb
prebenxaminb
prebenxaminb
prebenxaminb
prebenxaminb
prebenxaminb
prebenxaminb
prebenxaminb
prebenxaminb
prebenxaminb
prebenxaminb
prebenxaminb
Nova cortesía de Xosé A. Ferreiro e AF

También podría gustarte
Comentarios