CLUB DEPORTIVO AS PONTES – RESULTADOS DA FIN DE SEMANA

Tódolos equipos que xogaron no Poboado gañaron os seus respectivos compromisos, en total seis vitorias para os ponteses. Nas saídas, vitorias dos conxuntos infantil E alevín A, empate do conxunto feminino e derrotas dos máis pequenos -benxamín e prebenxamín B- e o conxunto xuvenil da liga nacional.
cdaspontes_001.jpg


CD AS PONTES PREFERENTE: Vitoria xusta (2-1) pero merecida do As Pontes sobre o Viveiro que o coloca a seis puntos e un partido menos do líder Betanzos, quen nesta xornada non pasou do empate en Mugardos. Vitoria clara do Dorneda en Sada (0-3), que o mantén na segunda posición con 31 puntos. Precisamente Dorneda e As Pontes xogarán o partido pendente o vindeiro martes, 8 de decembro. Con anterioridade disputarán a 15ª xornada, na que o Dorneda recibe ó Galicia de Mugardos e o As Pontes xoga no Poboado en partido adiantado ó sábado diante do Flavia nun horario pouco habitual, ás doce da mañá (12,00).
CD AS PONTES FEMININO: Esperábase máis do equipo feminino no seu compromiso diante do penúltimo clasificado, a SCD Milagrosa. Ó final tivo que conformarse cun empate a un gol. Paty foi a autora do gol do As Pontes no minuto 25 de partido, que seis minutos despois igualarían as luguesas. Xogaron: Leti, Yaiza, Lau, Jani, Silvia, Lara, Clara (Paula Barro, 75), Patri, Carlota (Nato, 55, xogadora que debutou na competición a anterior xornada diante do Crocha), Alba e Paty (Cris, 76). Na vindeira xornada as pontesas reciben no Poboado ó Atlético Balouta.
CD AS PONTES XUVENIL: Difícil o tiña o xuvenil da liga nacional na súa visita á casa do líder cumprindose o prognóstico, derrota (6-1) do As Pontes diante dun intratable Conxo que é firme candidato ó ascenso á división de honra. Para a vindeira xornada xoga na casa do segundo clasificado, o Deportivo B.
Pola súa banda e despois de tres derrotas consecutivas, o xuvenil B acadou unha importante e traballada vitoria ?a cuarta da temporada- diante do Ortigueira, nun partido dominado polos ponteses, que crearon ocasións de gol, pero tan só materializarían unha por mediación de Chungui cando o partido estaba practicamente rematado.
CD AS PONTES CADETE: Nun campo totalmente embarrado, o conxunto cadete que adestra Calpita logrou a sexta vitoria o gañar claramente ó Portuarios B por 4-2, con goles marcados por Darío e Álex, con dous goles cada un.
CD AS PONTES INFANTIL: Nova goleada do cadro infantil, nesta xornada en Mugardos diante do Galicia (0-6), con goles materializados por Enrique (2), Diego Filgueiras (2), Álex Fernández e Jandro.
CD AS PONTES ALEVÍN: Triunfos dos dous equipos de categoría alevín. O conxunto B venceu no Poboado ó Galicia de Caranza D (5-2), con tantos marcados por Josiño (2), Diego, Andrés e Jorge. Pola súa banda, salientar a primeira vitoria do alevín A despois de nove xorandas disputadas en Ferrol diante do Canido (2-7). Foron autores dos goles Dani (3), Jose, Álex, Iván Jarel e Manuel.
CD AS PONTES BENXAMÍN: Na categoría benxamín, unha vitoria e unha derrota. O equipo A gañaba con claridade no Poboado ó Canido (6-0), goles marcados por Bruno (2), Eloy, Alberte e Sergio Cazás. Os de primeiro ano caeron no Val por un contundente 13-1, sendo Alejandro o autor do único tanto pontés.
CD AS PONTES PREBENXAMÍN: Un triunfo e unha derrota foron os resultados na categoría prebenxamín. O equipo A gañaba na casa ó Galicia de Mugardos (3-1), con goles de Vicente (2) e Xoel Pena. O conxunto B perdeu diante do Racing de Ferrol (17-1). Javi marcou o gol dos ponteses.
RESUME RESULTADOS
PREFERENTE: CD AS PONTES – VIVEIRO CF (2-1)
XUVENIL NACIONAL: CD CONXO – CD AS PONTES (6-1)
XUVENIL COMARCAL: CD AS PONTES – FC ORTIGUEIRA (1-0)
FEMININO: SCD MILAGROSA – CD AS PONTES (1-1)
CADETE: CD AS PONTES – SD PORTUARIOS B (4-2)
INFANTIL: GALICIA DE MUGARDOS – CD AS PONTES (0-6)
ALEVIN A: CD CANIDO – CD AS PONTES (2-7)
ALEVIN B: CD AS PONTES – GALICIA CARANZA D (5-2)
BENXAMIN A: CD AS PONTES – CD CANIDO (6-0)
BENXAMIN B: SD O VAL – CD AS PONTES (13-1)
PREBENXAMIN A: CD AS PONTES – GALICIA MUGARDOS (3-1)
PREBENXAMIN B: RACING DE FERROL – CD AS PONTES (17-1)

P EQUIPO X G E P GF GC Ptos
PREFERENTE AUTONÓMICA (Grupo Norte/20 equipos)
BETANZOS CF 14 11 1 2 31 15 34
CD AS PONTES 13 8 4 1 25 9 28
LIGA NACIONAL XUVENIL (Grupo 1º/18)
CD CONXO 12 11 0 1 33 12 33
15º CD AS PONTES 12 2 3 7 23 32 9
1ª AUTONÓMICA XUVENIL (Grupo 5º/16)
EUME DEPORTIVO 11 8 2 1 33 13 26
13º CD AS PONTES B 11 4 0 8 16 29 12
2ª AUTONÓMICA FEMININA (Grupo 1º/10)
VICTORIA CF 8 8 0 0 51 3 24
CD AS PONTES 10 4 3 3 21 15 15
2ª AUTONÓMICA CADETE (Grupo 4º/14)
GALICIA CARANZA CF 10 10 0 0 51 7 30
CD AS PONTES 10 6 1 3 30 13 19
2ª AUTONÓMICA INFANTIL (Grupo 5º – 10)
CD AS PONTES 11 11 0 0 67 3 33
CD CARIÑO 10 9 0 2 31 21 27
1ª AUTONÓMICA ALEVÍN (G 1º/12 – G 2º/12)
GALICIA CARANZA C 9 8 1 0 49 12 25
CD AS PONTES B 9 4 0 5 29 22 12
MEIRÁS CF 9 8 1 0 77 10 25
CD AS PONTES A 9 1 1 7 19 39 4
1ª AUTONÓMICA BENXAMÍN (G 1º/17 – G 2º/18)
EUME DEPORTIVO 9 9 0 0 53 8 27
CD AS PONTES A 8 5 1 2 40 13 16
GALICIA CARANZA D 9 9 0 0 71 8 27
10º CD AS PONTES B 9 2 3 4 22 38 9
CATEGORÍA PREBENXAMÍN (G 1º/11 – G 2º/11)  
11º CD AS PONTES B 5 0 0 5 1 71 0
CD AS PONTES A 6 3 0 3 18 19 9

cdaspontes_001.jpg
cdaspontes_001.jpg
cdaspontes_001.jpg
cdaspontes_001.jpg
cdaspontes_001.jpg
cdaspontes_001.jpg
cdaspontes_001.jpg
cdaspontes_001.jpg
cdaspontes_001.jpg
cdaspontes_001.jpg
cdaspontes_001.jpg
cdaspontes_001.jpg
cdaspontes_001.jpg
cdaspontes_001.jpg
cdaspontes_001.jpg
cdaspontes_001.jpg
cdaspontes_001.jpg
cdaspontes_001.jpg
cdaspontes_001.jpg
Nova cortesía de A.F.

También podría gustarte
Comentarios