CLUB DEPORTIVO AS PONTES: RESULTADOS DA FIN DE SEMANA: 30 /Novembro – 1/Decembro – 2013

TERCEIRA DIVISIÓN: SD Grixoa – CD As Pontes (0-1)
Sufrida vitoria do As Pontes de Terceira División en Santa Isabel ante o Grixoa (0-1). Os azuis tras vencer ó colista con gol de Sergio Arias, escalan á terceira praza, con 32 puntos, só por detrás de Cerceda (34) e Boiro (33). Por baixo estan Ordes (30), Pontevedra e Choco (29), Somozas (28) e Arousa (27). Rival complicado terá o As Pontes o mércores 11 contra a Cultural Areas, equipo que durante moitas xornadas pechaba a clasificación con apenas dous puntos e que, tras catro vitorias nos seis últimos encontros, está a un só punto da salvación.
Xogaron polo As Pontes: Kiko, Rochela, Nano, Chote (Pablo López 15´), Aior, Dani, Alex Cabarcos (David Amado 65´), Chicho, Sergio Arias, Fidi (Esmorís 85´) e Pablo Domínguez. Salientar a lesión de Chote.
autonomica


SEGUNDA AUTONÓMICA: CD As Pontes B – SD R. NEDA (2-1)
Comprímese a táboa por arriba na Segunda Autonómica. Cedeira lidera con 20 puntos, A Capela e Rápido de Neda con 19 e As Pontes, cuarto con 18. Partido moi disputado entre ponteses e nedenses con vitoria final dos azuis por 2-1. Comezou marcando para os locais Rubén no minuto 26, resultado co que se chegou ó descanso. Nada máis comezar o segundo tempo empataron os de Neda e a falta de dez minutos para o final Marcos Novo estableceu o 2-1 definitivo nun partido que arbitrou o ferrolán Daniel Barrera Lourido. A vindeira xornada o As Pontes B visita ó San Mateo, oitavo con 15 puntos.
autonomica
autonomica
autonomica
autonomica
autonomica
autonomica
autonomica
autonomica
autonomica
autonomica
autonomica
LIGA GALEGA XUVENIL: Orillamar SD – CD As Pontes (2-1)
Afúndese cada vez máis o conxunto Xuvenil, que perdeu (2-1) na Coruña contra un rival directo, o Orillamar, a pesar de adiantarse con gol de David Rey. Por riba, a vindeira xornada visita o Poboado o segundo clasificado, Bergantiños, que vén de golear ó Val (5-0). O cadro valexo marca a criba do descenso con 10 puntos, os tres descendidos serían As Pontes e Betanzos con 9 puntos e Fátima con 3.
LIGA FEMININA F8: Gª Caranza – CD As Pontes (2-3)
Triunfo do equipo feminino por 2-3 ante o Galicia de Caranza, con dous goles de Carlota e un de Sara. Soben á sexta praza con 19 puntos por detrás de Racing de Ferrol (33), O Val B (30), Mandiá (25), San Sadurniño (24) e Maniños (22). O San Sadurniño visita O Poboado a vindeira xornada.
COPA CADETE: CD As Pontes – Amistade Meirás (11-0)
O Cadete gañou claramente por 11-0 ó Amistade de Meirás e finaliza cuarto no seu grupo con 16 puntos. Pasa á final o outro Meiras, que se impuxo ó Animas (3-1) e clasificouse xunto ó Numancia de Ares polo outro grupo, que empatou a puntos con Cedeira.
cadete
cadete
cadete
cadete
cadete
cadete
cadete
cadete
cadete
cadete
COPA INFANTIL: CD As Pontes – R. Ferrol B (1-4)
Perdeu no Poboado (1-4) o Infantil ante un Racing de Ferrol B reforzado. Adiantáronse os azuis e incluso tiraron catro tiros ós postes, pero os verdes remontaron e selaron a súa clasificación tras vencer os doce partidos da fase previa. Segundo foi o Portuarios con 33 e terceiro o As Pontes con 30. O Galicia de Caranza B, que tamén gañou os 12 partidos no seu grupo, será o outro finalista.
infantil
infantil
infantil
infantil
infantil
infantil
infantil
infantil
infantil
infantil
infantil
infantil
1ª AUTONÓMICA BENXAMÍN F8 (2ª Fase)
Eume Deportivo B – CD As Pontes (2-2)
O Benxamin B empatou 2-2 (Iago e Álex) na súa visita ó Eume Deportivo B, mentres que o Benxamín A descansou nesta xornada. A vindeira xornada será o B o que descanse mentres que o conxunto A recibirá ó Cedeira.
CATEGORÍA BIBERÓN
CD As Pontes – EF Cabanas (1-2)
En categoría biberón enfrontáronse no Poboado o As Pontes e a Escola de Fútbol de Cabanas, equipo que gañou dous cuartos por un o As Pontes, rexistrándose un empate no terceiro cuarto.
biberon
biberon
biberon
biberon
biberon
biberon
biberon
biberon
biberon
biberon
biberon
biberon
Nova cortesía de Antón e Xose Ferreiro

También podría gustarte
Comentarios