CLUB DEPORTIVO AS PONTES: RESULTADOS: 20/21/22 – Decembro – 2013
SEGUNDA AUTONÓMICA: SCDR Galicia de Caranza – CD As Pontes B (2-0)
Derrota do segundo equipo ante o Caranza (2-0), que o alonxa dos postos de cabeza. Rápido de Neda 28, Cedeira 27, A Capela 25, Ortigueira 24 e As Pontes 22. Os ferroláns marcaron os tantos nos últimos 10 minutos. Xogaron polo As Pontes Cristian, Darío, Rubén, Totti, Carlos, Juan, Borja, Javi, Samuel, Vicente e Criado, entrando no segundo tempo Dani Villar, Adrián, Marcos Novo e Ángel. Retomarán a Liga o 12 de Xaneiro ante o Ánimas.
LIGA GALEGA XUVENIL: CD As Pontes – Ural CF (1-1)
Non puido o xuvenil co Ural, co que empatou a 1-1, nada máis comezar o encontro adiantaronse os visitantes nun grave fallo local, pero pouco despois empatou Jandro que marcou tras rebotar nun defensa, e no encontro a pesar de dispoñer de dúas boas ocasións David Rey e outra Jandro, so se conseguiu un punto que non lle sirve de moito ó xuvenil na situación na que está, na que cada día semellan máis claros os tres descensos que corresponderían a Imperátor e As Pontes con 10 puntos, e Fátima pechacancelas con 3. O Val, cuarto pola cola con 16 puntos xa se alonxa. O As Pontes comezará o ano novo cunha final na súa visita ó Imperátor na Coruña onde se xogará media Liga.
Xogaron Ángel, Moi, Jorge, Gonza, Marcos, Esteban, Brais Blanco, Iván, Rey, Rivas e Jandro. No segundo tempo entraron Tiny, Lucho e Nahúm.
LIGA FEMININA F-8: CD As Pontes – Ortigueira FC (3-2)
Sofrida vitoria do equipo feminino ante o Ortigueira por 3-2, tantos de Paula, que fixo dobrete, e adiantou 2-0 ás azuis, pero conseguiron empatar as visitantes, anque a Capitana Dopico que estivo inconmensurable nos últimos minutos anotou o 3-2 de forte disparo, anteriormente dispararan ó longueiro Andrea Pita e ó poste a propia Patri. Xogaron polo cadro de Pita, Alba, Silvia, Andrea Pita, Nuria, Andrea Montero, Ángela, Xeila, Lía, Uxía, Noelia Ameneiro, Sara, Paula, Patri e Noelia.
Ferrol 42, O Val B 34, Mandiá 32, San Sadurniño 30, Maniños e As Pontes 28. O séptimo Santa Mariña, xa quedaría con 21 puntos. No 2014 comezará a segunda volta recibindo o As Pontes ó Narón.
Remata a primeira volta o equipo feminino con 14 partidos, 9 triunfos, 1 empate e 4 derrtotas, con 38 goles a favor por 25 en contra. Tantos anotados por Paula (11), Carlota (8), Lía (7), Patri Dopico (3), e con un Nicole, Uxía, Nuria, Alba, Ángela, Noelia e Sara. Dous foron anotados en propia meta.
Os cadetes aprazaron o seu encontro ante o Perlío para o sábado 4 de Xaneiro.
LIGA INFANTIL: CD As Pontes – SRD Numancia de Ares (12-0)
Contundente triunfo do infantil, 12-0 ante o Numancia, que o deixa cuarto con 6 puntos por detrás de Portuarios e Ferrol B (9) e Meirás (7). Comezan o ano visitando ó perigoso líder Portuarios, que xa gañou en As Pontes 2-3 en Copa. Cinco goles anotou Sergio Otero, titular da selección de Ferrol, dous Alberte e A.Barro, e un Dani, Jose e Chema.
1ª AUTONÓMICA ALEVÍN F-8 (2ª Fase)
CD As Pontes – EFR Ferrol (0-12)
EFR Ferrol D – CD As Pontes B (3-3)
Un vendaval chamado EFR Ferrol pasou por As Pontes e goleou ó Alevín A 0-12. Estrenarán o ano visitando ó Amistade de Meirás B. Empate do Alevín B 3-3 ante o EFR Ferrol D. Suman o seu primeiro punto antes de recibir ó Rápido de Neda B.
1ª AUTONÓMICA BENXAMÍN F-8 (2ª Fase)
CD As Pontes – SD O Val (3-5)
SRD Numancia de Ares – CD As Pontes B (7-2)
O Benxamín A perdeu 3-5 ante O Val e o Benxamín B 7-2 ante o Numancia de Ares. O Alevín A, décimo cun punto estrea o ano visitando ó Portuarios B, mentres que o Benxamín B, noveno con 4 puntos recibe ó Val B.
1ª AUTONÓMICA PREBENXAMÍN F-8 (2ª Fase)
CD As Pontes – SCDR Galicia de Caranza B (2-6)
Rácing San Pedro B – CD As Pontes B (2-1)
O Prebenxamín A perdeu 2-6 ante o líder Caranza B. Visitará ó Racing San Pedro, terceiro, no novo ano. O Prebenxamín B pola súa banda a piques estivo de dar a sorpresa e perdeu 2-1 ante o líder Racing San Pedro B antes de comezar o 2014 recibindo ó Caranza D, terceiro.
Nova cortesía de Xose Ferreiro e A.F.