CLUB DEPORTIVO AS PONTES – RESULTADOS DA FIN DE SEMANA

CD AS PONTES PREFERENTE: Despois de oito xornadas sen perder (cinco sen encaixar un gol), o As Pontes recibiu unha clara derrota (3-0) na súa visita a un dos rivais polos postos de ascenso, o Betanzos. O conxunto brigantino dominou claramente a un As Pontes que saíu ó terreo de xogo sen moita tensión e que se veu sorprendido con dous goles nos primeiros cinco minutos e un terceiro en propia porta antes do descanso. A pesar de que restaban sesenta minutos para o final os ponteses non foron capaces de marcar e si puido facelo o Betanzos nun par de ocasións claras. A pesar da derrota o As Pontes segue de líder seguido a dous puntos do Mesón do Bento (que gañou en Santaballa 1-3) e Dorneda (que empatou na casa co Santiago) e a tres do Betanzos. Na vindeira xornada o As Pontes recibe no Poboado outro complicado rival, o Dorneda.
cdaspontes_01.jpg


CD AS PONTES FEMININO: O conxunto feminino comezou con bo pé a competición de copa gañando a domicilio ó Milagrosa de Lugo por 1-2, con goles de Carlota e Alba. Tamén esta fin de semana deu inicio a liga comarcal de fútbol-8 na que participan cinco equipos (Aspirantes, As Pontes B, Cariño, Meirás e Ortigueira). Nesta primeira xornada o equipo pontés, pese a facer un bo partido, perdeu (2-0) en Cariño.
CD AS PONTES XUVENIL: O As Pontes xuvenil da liga nacional continúa na zona media da táboa a pesar de empatar a dous goles no Poboado diante do Montañeros B, conxunto situado na zona de descenso de categoría. Pola súa banda, o conxunto B non tivo problemas para acadar os tres puntos na casa do Rápido de Neda (0-2).
CD AS PONTES CADETE: Quinta vitoria consecutiva do conxunto cadete que o sitúa na terceira posición con 45 puntos dun grupo que lidera o Cedeira con 64. Nesta xornada os de Calpita gañaron ó Portuarios en Ferrol por 1-4.
CD AS PONTES INFANTIL: O equipo infantil aprazou o partido que o enfrontaba no Poboado ó Cariño a petición do conxunto do Ortegal por enfermidade de varios dos seus xogadores. O vindeiro sábado recibe no Poboado ó Meirás.
CD AS PONTES ALEVÍN: No dobre enfrontamento As Pontes-Perlío houbo vitoria e derrota dos ponteses. O As Pontes B foi goleado na casa do líder Perlío B (9-1, gol de Josiño), mentres que o As Pontes A gañou no Poboado ó Perlío A (4-0), con goles de Álex, Raquel, Carlos e Iván. Na clasificación, o As Pontes A é noveno con 22 puntos mentres que o As Pontes B está na sétima posición do seu grupo con 26 puntos.
CD AS PONTES BENXAMÍN: O As Pontes A, que segue na quinta posición da clasificación, gañou ó Galicia de Caranza B (5-3). Marcaron Criado (2), Eloy, Bruno e David. O benxamin B perdeu co Racing de Ferrol C, segundo clasificado do seu grupo, por 4-1 (gol de Alejandro). O As Pontes A está na quinta posición da clasificación con 38 puntos e o As Pontes B é 14º con catorce puntos.
CD AS PONTES PREBENXAMÍN: Vitoria a domicilio do As Pontes A perante o Racing de Ferrol D (1-4), tantos marcados por Vicente (2) e Xoel Pena (2). Pola súa banda, o cadro B perdeu no Poboado co Galicia de Caranza B (0-6). O As Pontes A é cuarto con 28 puntos e o As Pontes B décimo con tres puntos.
RESUME RESULTADOS
PREFERENTE: BETANZOS CF – CD AS PONTES (3-0)
XUVENIL NACIONAL: CD AS PONTES – MONTAÑEROS B(2-2)
XUVENIL COMARCAL: RÁPIDO NEDA – CD AS PONTES (0-2)
FEMININO (Copa): SCD MILAGROSA – CD AS PONTES (1-2)
FEMININO COMARCAL: CD CARIÑO – CD AS PONTES B (2-0)
CADETE: SD PORTUARIOS – CD AS PONTES (1-4)
INFANTIL: CD AS PONTES – CD CARIÑO (suspendido)
ALEVIN A: CD AS PONTES A – CCRD PERLÍO (4-0)
ALEVIN B: CCRD PERLÍO B – CD AS PONTES B (9-1)
BENXAMIN A: CD AS PONTES A – GALICIA CARANZA B (5-3)
BENXAMIN B: RACING FERROL C – CD AS PONTES B (4-1)
PREBENXAMIN A: RACING FERROL D – CD AS PONTES A (1-4)
PREBENXAMIN B: CD AS PONTES B – GALICIA CARANZA B (0-6)
cdaspontes_01.jpg
cdaspontes_01.jpg
cdaspontes_01.jpg
cdaspontes_01.jpg
cdaspontes_01.jpg
cdaspontes_01.jpg
cdaspontes_01.jpg
cdaspontes_01.jpg
cdaspontes_01.jpg
cdaspontes_01.jpg
cdaspontes_01.jpg
cdaspontes_01.jpg
Nova cortesía de A.F.

También podría gustarte
Comentarios