CLUB DEPORTIVO AS PONTES: Resultados 14/15/16 – Febreiro – 2014
TERCEIRA DIVISIÓN: UD Barbadás – CD As Pontes (0-4)
Sensacional triunfo do As Pontes en Barbadás por 0-4, o que o mantén líder unha semana máis, e a falta de 12 xornadas ten un colchón de 6 puntos dos postos de play off. Iso si, agárdanlle 12 complicadas xornadas por diante. Pero, o triunfo de onte en terras ourensás non llo quita ninguén, vitoria que contou cos goles de Alex Cabarcos, no primeiro tempo, e Iván González, Aitor Díaz e Chicho no segundo, incluso ó central Aitor foille anulado un gol nada máis comezar o encontro, via crucis para o gran zagueiro de Marín que entre goles anulados e postes non gaña para disgustos. Aínda que o equipo locatario tamén tirou dous tiros ó longueiro por medio do ex deportivista Hugo García. Lidera a clasificación o As Pontes con 52 puntos, seguido de Boiro 51, Somozas 50*, Pontevedra 49. Xa máis alonxados pero para nada descartados, Cerceda 46*, Ordes 44, Choco 44 e Arousa 41. (*) Cun partido menos Somozas e Cerceda.
Tres etapas pirenaicas lle agardan ó As Pontes nas vindeiras xornadas, recibir a todo un Pontevedra, que nesta xornada foi sorprendido polo Laracha en Pasarón (0-1), visitar a un Negreira necesitado de puntos e recibir no Poboado a un sempre complicado Ordes que sube como a escuma.
Xogaron polo As Pontes Kiko, Rochela, Nano, Pablo López, Aitor, Dani, Iván González (Santi, 75), Bossa, Sergio Arias (Chicho, 70), Alex Cabarcos (Fidi, 80) e Pablo Domínguez.
CD AS PONTES-PONTEVEDRA CF (Sábado 22, 18,00)
O vindeiro sábado 22, ás seis da tarde ante o Pontevedra espérase unha final, polo que O Poboado debe rexistrar unha boa entrada de afeccionados.
SEGUNDA AUTONÓMICA: CD As Pontes B Cedeira SD (0-1)
O segundo equipo perdeu no campo dos Calzados como locatario ante o líder Cedeira por 0-1. Cedeira 43, Neda 40, A Capela 35, Numancia 32 e As Pontes 31. Precisamente visita a terra do gran Marcelino que esta semana reicibiu o Premio Marca Leyenda ó cumprirse 50 anos do seu gol a Rusia que deu a primeira Eurocopa á selección española. Xogaron Iván, Nando, Darío (Picallo, 80), Juancito, Carlos, Dani Villar (Vilasuso, 65), Samuel (Marcos, 70), Adrián (Vicente, 70), Javi, Troncho e Rubén.
LIGA GALEGA XUVENIL: CD As Pontes Betanzos CF (3-0)
Importante triunfo do conxunto xuvenil que venceu 3-0 ó Betanzos e toma un respiro. Nun campo anexo totalmente impracticable comezaron ben as cousas os ponteses, pois marcou Lucho de tiro cruzado ó pouco de darse o inicio, e nos primeiros compases da segunda metade marcou de cabeza o máis baixiño pero tamén o máis listo da clase, Antonio e xa preto do final o recén entrado Alex Cabarcos meteu o pé o xusto a un centro dende banda esquerda de Lucho para situar o 3-0 definitivo. Tamén tiveron ocasións Gonza e Tiny que lanzaron por alto e Rivas que disparou frouxo.
Felipe Mieres aliñou a Ángel, Esteban, Jorge (Caínzos, 55), Gonza, Marcos, Moi, Brais (Tiny, 75), Iván (Rey, 88), Antonio (Alex Cabarcos, 85), Rivas e Lucho.
Situase o As Pontes cuarto pola cola, marcan os betanceiros a zona de respiro con 25 puntos, As Pontes con 20, pero a día de hoxe estaría salvado, e descenderían O Val con 19, Imperátor 13 e Atlético Fátima con 10.
Compricada visita ó colíder Calasanz, que gañou 1-3 en Narón.
LIGA FEMININA: CD As Pontes CD Cedeira (7-0)
Triunfo do equipo feminino ante o CD Cedeira por 7-0 en partido disputado nun campo totalmente encharcado e os bancos sen cuberta, polo que as xogadoras tiñan que cubrirse con paraugas para evitar a auga que caeu ó longo de todo o partido. Marcaron Paula, que leva 17 tantos, Carlota e Noelia Ameneiro na primeira metade e na segunda redondearon Andrea Pita, Sara e dous de Leti que hoxe xogou de dianteira na segunda metade quedando na portería a capitá Patri Dopcio. Xogaron Leti, Andrea, Nuria, Sara, Lía, Paula, Carlota, Patri, Yara, Noelia Ameneiro, Noelia Santalla e Silvia.
Marchan cuartas con 41 puntos, por detrás do intratable Racing Ferrol que ten 54, Maniños 44, Mandiá 42, e quinto San Sadurniño con 40. Na vindeira xornada visita ó Cariño, undécimo con 19 puntos.
LIGA CADETE: SDR Portuarios B – CD As Pontes (2-8)
O cadete goleou 2-8 ó Portuarios B e aséntase na terceira praza con 16 puntos por detrás de Ánimas (21) e Cedeira (19) antes de tomarse unha semana de descanso.
LIGA INFANTIL: CD As Pontes Eume Deportivo (4-1)
O infantil gañou nos Calzados (A Capela) por 4-1 ó Eume Deportivo, e mantén o pulso co Racing de Ferrol B que lidera con 22 puntos, mentres que azuis e Portuarios teñen 19 puntos. Complicada visita ó Val, que marcha cuarto clasificado.
1ª AUTONÓMICA ALEVÍN F-8 (2ª Fase)
CD As Pontes R. Ferrol C (0-7) – Xogado no campo dos Calzados
Meirás CF – CD As Pontes B (5-1)
O Racing de Ferrol C, cuarto, goleou 0-7 ó Alevín A, que, colista cun punto, tentará lograr a súa primeira vitoria na súa visita ó Amistade de Meirás, antepenúltimo clasificado. O Alevín B perdeu (5-1) co terceiro, Meirás. É quinto con 7 puntos, descansando a vindeira semana.
1ª AUTONÓMICA BENXAMÍN F-8 (2ª Fase)
CD As Pontes Numancia de Ares (3-4) – Xogado no campo dos Calzados
SD Ánimas – CD As Pontes B (7-0)
O Benxamín A perdeu por 3-4 co líder Numancia de Ares e o Benxamín B co Ánimas (7-0). Noveno e décimo con 10 puntos visitan ó Val B os primeiros e reciben ó Val A os segundos.
1ª AUTONÓMICA PREBENXAMÍN F-8 (2ª Fase)
CD As Pontes Gª Caranza C (3-1) – Xogado no campo dos Calzados
R. Ferrol C – CD As Pontes B (2-2)
O Prebenxamín A venceu (3-1) ó Galicia de Caranza C. son sétimos con 8 puntos visitando na vindeira xornada ó Val, quinto clasificado. O Prebenxamín B empatou a dous goles ante o Racing de Ferrol C, equipo que logra o cuarto punto da tempada, primeiro na fase final. Curiosamente os catro puntos ante os azuis, que son antepenúltimos con 4 puntos. Na vindeira xornada descansan.
Nova cortesía de Xose Ferreiro e A.F.