Amigus
As Pontes

CLUB DEPORTIVO AS PONTES: PARTIDOS 21/ 22/23 – FEBREIRO – 2014

CD AS PONTES E PONTEVEDRA ENFRÓNTANSE ESTE SÁBADO 22 NO POBOADO
Coa arbitraxe do colexiado catalán David Congost Larrosa, este sábado 22 a partir das seis da tarde As Pontes e Pontevedra afrontan no Poboado un partido importante na loita polo liderato da categoría, que despois de disputada a 26ª xornada de liga ocupa en solitario o cadro pontés con 52 puntos, cun punto sobre o Boiro, tres sobre o Pontevedra e cinco sobre o Somozas, que ten un partido menos. Os catro equipos ocupan as prazas de promoción de ascenso á Segunda División B.
Os equipos de base xogan todos fóra de As Pontes esta fin de semana, incluído o Benxamín B, que como local, ten que xogar no campo dos Calzados da Capela. Descansan nesta xornada os equipos Cadete, Alevín B e Prebenxamín B.
CD-As-Pontes.jpg


PARTIDOS
TERCEIRA DIVISIÓN (27ª xornada)
C.D. AS PONTES – PONTEVEDRA C.F.
CAMPO DO POBOADO (Sábado 22 – 18,00 h)
ÁRBITRO: DAVID CONGOST LARROSA (Catalunya)
SEGUNDA AUTONÓMICA
NUMANCIA ARES – CD AS PONTES B
Campo de Prados Vellos, Ares ( Domingo 23, 16,30)
LIGA FEMININA
CD CARIÑO – CD AS PONTES
Campo Municipal de Cariño (Sábado 22 – 17,30 h)
LIGA XUVENIL GALEGA
CD CALASANZ – CD AS PONTES
Campo de Meicende, A Coruña (Sábado 22 – 17,00 h)
LIGA CADETE
DESCANSA CD AS PONTES
LIGA INFANTIL
SD O VAL – CD AS PONTES
Campo de Sinde, O Val (Sábado 22 – 11,45 h)
LIGA ALEVÍN
AMISTADE MEIRÁS – CD AS PONTES
Campo de Atios, Valdoviño (Sábado 22 – 10,00 h)
DESCANSA CD AS PONTES B
LIGA BENXAMÍN
SD O VAL B – CD AS PONTES
Campo de Sinde, O Val (Sábado 22 – 10,30 h)
CD AS PONTES B – SD O VAL
Campo dos Calzados, A Capela (Sábado 22 – 11,30 h)
LIGA PREBENXAMÍN
SD O VAL – CD AS PONTES
Campo de Sinde, O Val (Venres 21, 18,15 h)
DESCANSA CD AS PONTES B
CATEGORÍA BIBERÓN
ESCOLA FÚTBOL CABANAS – CD AS PONTES
Pavillón de Cabanas (Venres 21, 18,00 h)
Nova cortesía de AF

También podría gustarte
Comentarios