Club Silex no campionato de España
Mañan venres comeza o Campionato de España de Sala de Tiro con Arco en “La Nucia” (Alicante). Catro son os arqueiros do Club Silex desplazados ata “la Nucia”.
Primeiro será Xaquin MIra na Categoría de Arco Composto Senior que tera que darse a valer para obter unha praza para as eliminatorias, ainda que a priori non o ten complicado para superar esta fase non pode perder a concentración, xa que moitos son os participantes que teñen unhas puntuación moi próximas.
A medio dia seguiran o resto da expedición do Club. Miguel Alvariño , internacional coa Selección da RFETA,e actual Campión Galego na máxima categoría, tentara de alcanzar a primeira posición, ou esas son as suas aspiracións, para poder declararse Campión na Categoría Arco Recurvo Junior. Tamen nesta categoría participa Daniel Castro, cadete de último ano, e actual Campión Galego na sua categoría, que esta nunha gran progresión, a sua aspiración e quedar o mellor posible e axudar a clasificar o Equipo da Selección Galega.
Xa por último Cristina Castro, que participa na categoría Arco Recurvo Junior Mujer, ainda que a sua categoria e a de cadete participa neste campionato mais coa aspiración de aumentar a sua experiencia que obter un gran exito deportivo.
Pola Tarde lle tocar o turno os arqueiros de Arco Recurvo Senior, pero o Club Silex nesta ocasión non ten ningun inscrito.
O Sábado sera a fase das eliminatorias, tanto en Arco Composto como Recurvo. O domingo estara dedicado o Campionato de equipos de Comunidades, que se clasificaran polas puntuacións que acaden os arqueiros na Calsificación individual.
Nova cortesía do Club Sílex