Comunicado oficial CD As Pontes

Ante os feitos acaecidos o pasado sábado día 9 de marzo de 2019, no encontro de Xuvenis entre o Viveiro CF e o CD As Pontes, o CD As Pontes emite o seguinte comunicado

Ante as diversas novas publicadas durante os últimos días en relación cos feitos acontecidos tras a conclusión do encontro celebrado o pasado sábado día 9 de marzo de 2019 entre o Viveiro C.F. e o C.D. As Pontes, correspondente a Liga Galega Xuvenil Grupo Norte, o C.D. As Pontes quere facer público a súa mais sincera e rotunda condena, así como a súa total repulsa ante calquera conduta de xenofobia, racismo ou intolerancia en relación cos seus equipos e coas competicións que participa.

Non en vano, tanto o C.D. As Pontes como a súa afección caracterizáronse sempre polo seu escrupuloso e intachable comportamento e mostrando sempre unha actitude exemplar de respecto hacia os demais, ata o punto de facelo merecedor en diferentes tempadas a diversos premios e mencións á deportividade.

De igual maneira, o C.D. As Pontes non so cree en ditos principios, senón que os aplica na práctica de xeito decidido, tal e como pon de manifesto o feito de que conte entre os seus deportistas federados con persoas das mais diversas procedencias, razas ou confesións relixiosas, que realiza reunións ao longo da tempada cos futbolistas, adestradores e pais, mais e titores dos diferentes equipos do clube para o fomento do fair play no deporte….

En coherencia con todo elo, e a pesar de non ter podido constatar de xeito fehacente a participación directa de socio, directivo ou persoa algunha relacionada coa entidade nos feitos que se veñen publicando (en cuio caso o clube aplicaría as sancións correspondentes previstas nos seus estatutos e réxime disciplinario), o C.D. As Pontes lamenta o sucedido, reitera a súa condena ante tales comportamentos e transmite a súas máis sinceras desculpas na medida que puidera ter relación cos mesmos ao colexiado do encontro, ao conxunto do colectivo arbitral e aos afeccionados e sociedade en xeral, xa que ditas condutas individuais, ocasionais e excepcionais non representan en ningún caso nin o comportamento nin o sentir do clube nin da súa afección.

Por último, o C.D. As Pontes reafirma a súa total e activa colaboración con todas aquelas institucións e axentes que teñan o obxectivo común de loitar contra a lacra da discriminación, tratando así de previr e erradicar calquera tipo de conduta indesexable dos campos de fútbol.

Máis información en http://www.cdaspontes.es

También podría gustarte
Comentarios