COPA DE FERROL INFANTIL. CD AS PONTES 1 – SDCR NARÓN O FREIXO 3

Partido este xoves á tarde no Evaristo Puentes

161

Estes xoves festivo á tarde disputouse no Evaristo Puentes o encontro de cuartos de final da Copa de Ferrol Infantil entre o As Pontes e o Narón O Freixo.

Os visitantes adiantáronse ao pouco do comezo por medio de Alejandro, e pese aos intentos do voluntarioso equipo azul dirixido por Javi, os naroneses ampliaron distancias no segundo período co segundo de Alejandro e outro de Aarón, anotando o tanto da honra no tramo final Naúl.

Curiosamente todos os encontros desta xornada remataron co resultado de 3-1, e clasificaron a semifinais xunto ao equipo do Freixo, o Galicia de Caranza B, Portuarios e Rapido de Neda, que venceron como locais ante Cedeira, Ortigueira e Racing B, respectivamente.

Xogaron Juan, Luis, Martín, Otero, Mateo, Maseda, Lucas, Alex, Xoel, Xandre, Iván, Guillermo, Pablo, Naúl e Marco.

Nova cortesía de Xose Ferreiro

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios