SEGUNDA DIVISIÓN B. O ESTEO FS 6 – ALBENSE FS 5

Triunfo vital do Esteo este xoves á tarde no Monte Caxado

O equipo pontés do Esteo logrou unha importantísima vitoria 6-5 este xoves festivo á tarde no Monte Caxado.

O cadro local semella pasar por un punto de inflexión despois de lograr empatar un 1-4 fronte A Estrada, pois a semana pasada conseguiu unha meritoria vitoria ante o Ribeira 2-5, e hoxe un sufrido triunfo ante o conxunto de Alba de Tormes, sexto, sumando sete puntos nos últimos tres encontros.

Comezabanse adiantando os locais cun tanto de Adrián tras un rexeite, pero pronto empataron os salmantinos por medio de Sánchez completamente so no segundo pau. Logo era Héctor quen poñía o segundo tras un tiro que o gardamallas desvía á escadra, pero antes do descanso voltaba a empatar o cadro de Alba tras unha falta que toca na barreira e acaba en gol.

Na segunda metade os locais saíron a por todas, conscientes do que se xogaban, e aínda que chegaron a poñerse 4-2 moi pronto e 5-3 mediado o segundo tempo, os casteláns leoneses lograron igualar 5-5 preto do final. Pero foi Cokito no último suspiro nun final algo tenso o que situaba o 6-5 definitivo no electrónico e daba tres puntos moi valiosos.

Con case toda a xornada por xogar os ponteses son décimos con 16 puntos, e pechan o ano visitando a un rival novo na categoría, oitavo clasificado, Juventud del Círculo de Burgos. Posteriormente abrirán o 2023 recibindo ao perigoso Guardo no final da primeira volta.

O ESTEO FS. Xeito, Cokito, Héctor, Troncho, Jandro – Adrián, Jhony, Eloy.

ALBENSE FS. Miguel, Jorge, Barbero, Jesús, Martín – Rober, Moreiro, Marcos, Sánchez, Antón.

GOLES. 1-0, Adrián (7´), 1-1, Sánchez (8´), 2-1, Héctor (13´), 2-2, Troncho, pp (16´). 3-2, Jandro (21´), 4-2, Troncho (22´), 4-3, Jorge (35´), 5-3, Jhony (29´), 5-4, Barbero (36´), 5-5, Barbero (38´), 6-5, Cokito (39´).

Incidencias. Amarelas a Troncho, Sanchez, Rober, Barbero. Expulsados Adrián, Fran e Miguel no minuto 39´. Uns 70 espectadores no Monte Caxado.

Nova cortesía Xose Ferreiro e Moisés Fernández

También podría gustarte
Comentarios