LIGA DE FERROL CADETE. CD AS PONTES 2 – EUME DEPORTIVO CF 4

Partido este sábado á tarde no Evaristo Puentes

O Cadete pontés xogaba este sábado o seu segundo encontro de Liga tras acceder ao grupo dos mellores equipos, e gañar na primeira xornada 1-2 ao Círculo Club de Campo de Ferrol.

Os azuis accederon a este grupo tras unha primeira fase na que acabaron terceiros con 17 puntos, so por detrás de Portuarios e Eume precisamente, ambos con 24.

No partido de hoxe os de Pontedeume foronse ao descanso co 0-4 e o partido xa sentenciado pero non deixaron de intentalo os azuis ata o final e recurtaron distancias por medio de Anxo Martínez e Mario nos últimos minutos.

Próxima visita ao Portuarios. Xogaron Manuel, Sergio, Iago, AlejandroL, Jorge, Xavi, Mateo, Mario, Xoel, Antonio, Borja, e despois AlejandroR, Xalo, AnxoM, Miguel e AnxoS.

 

Nova cortesía de Xose Ferreiro

También podría gustarte
Comentarios