PRIMEIRA AUTONÓMICA. PINTURAS GRANDAL LAGO DVSPORT 0 – RODEIRO FSF 1
Partido este sánado á tarde no monte Caxado
Triste derrota do equipo feminino do Lago que estivo a piques de salvar un punto, pero as visitantes, cuartas, anotaron o único tanto do encontro de falta apenas faltando tres minutos.
Incluso puido Paula Baamonde culminar unha boa actuación empatando a falta de poucos segundos pero o seu disparo marchou fora por moi pouco e o máis experimentado equipo de Lalín levou o triunfo.
As de Jacobo Barro son sétimas con trece puntos, e rematan o ano e tamén esta primeira volta nin máis nin menos que na casa do líder con pleno de puntos, o Villestro santiagués.
Xogaron Paula Baamonde, Uxía, Carolina, Andrea, Carol; Natalia, Nerea, Paula Castro e Sara.
Nova cortesía de Xose Ferreiro