COPA DE FERROL XUVENIL. ADR NUMANCIA DE ARES CF 2 – CD AS PONTES 3

Partido este venres á tarde en Prados Vellos

O Xuvenil do CD As Pontes clasificou este venres á tarde á final da Copa de Ferrol tras gañar nas terras do gran Marcelino ao Numancia por 2 goles a 3.

E iso que non comezaban ben as cousas para os azuis pois rápido se poñían os vermellos 2-0 cos tantos de Alejandro e David. Pero antes do descanso igualaban Anxo Blanco e Xoel Purriños.

Tivo que ser na prórroga cando o cadro de Joaquín Breijo remontaba co tanto de Anxo Blanco e clasificaba á final. Xogaron Joel, Adrián, Bruno, Samuel, David, Diego, Xoel, Xandre, Blanco, Jandro, Antón, e despois Rey, Mateo, Ángel, Hermida e Ramil.

Xogarán a final en Valdoviño contra un gran Narón O Freixo, que como local se foi desfacendo sucesivamente de Cultural Maniños (6-2), AD Miño (3-1) e Narón A (5-1). Nos duelos na Liga entre ambos equipos, 5-1 en terras naronesas e 7-3 no Poboado.

Nova cortesía de Karlos Basoa

También podría gustarte
Comentarios