O futbolista pontés Daniel Fernández Ramil ven de ascender esta fin de semana en La Rioja, co seu equipo, o Racing Vilalbés, á 2 RFEF, a cuarta categoría do fútbol español, no maior logro do equipo chairego.
A campaña do equipo veciño podese calificar de magnífica. Xa o era ao acabar cuarto clasificado con 46 puntos, nunha complicada Terceira División galega, só por detrás do ascendido Deportivo Fabril (61), Arousa (58) e Rápido de Bouzas (56).
Pero o mellor do equipo vilalbés, estaba por chegar. No play off de ascenso perdeu 0-1 co Rápido pero foi quen de remontar e gañar 0-2 mas maravillosas terras viguesas, no Baltasar Pujales.
Na final galega enfrontou ao Arousa, o outro gran candidato, co que pese a empatar 1-1 na Magdalena foi quen de gañar 1-2 na complicada A Lomba.
Superandose a si mesmo o equipo verde e vermello enfrontaba a La Calzada de La Rioja por unha praza na 2 RFEF, e outra vez, pese a empatar 1-1 en Vilalba foi que de vencer cun rotundo 0-3 en terras rioxanas.
Dani xogou 19 partidos en Liga, 4 na fase de ascenso, incluidos os dous últimos, co dorsal 21, ás ordes de Simón Lamas, nun equipo chairego no que tamén estaban outros ex ponteses coma Marcos Souto, Santi Gegunde ou David Buyo.
Coincidirán no grupo 1 da 2 RFEF con Pontevedra, Compostela, Coruxo e Ourense. Gran noticia para o fútbol pontés tamén o ascenso do Vilalbés, pois confirmou a permanencia unha tempada máis do CD As Pontes na Preferente Norte tras un ano moi complicado.
Nova cortesía Xose Ferreiro. Foto FUTGAL.