Amigus
As Pontes

COPA DE GALICIA. CP CASAS-O ESTEO FS (2-7)

O Esteo accede ós oitavos de final

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

O equipo pontés de fútbol sala do Esteo venceu este venres á noite 2-7 ó Casás en Lugo, 0-4 ó descanso, nun duelo no que Héctor e Rober Paz firmaron un hat trick, o que lle da acceso ós oitavos de final.

Ademais de O Parrulo, Santiago, Burela, Noia, Xove e o exento Sala Ourense, que xa clasificaran, fixerono tamén o Cidade de Narón, Ventorrillo, Leis, Lume Corbatas e o Santa Isabel, que venceu 6-2 a un histórico como o Prone Lugo, quedando catro eliminatorias aínda por disputar

CP CASÁS. Juan, Julio, Rafa, Losada, Jose – cinco inicial –  David, Pablo, Jacobo, Roberto, Ignacio.

O ESTEO FS: Javichu, Cokito, Héctor, Jacobo, Dani – cinco inicial – Rober Paz, Bruno, Troncho, Ayala.

ÁRBITROS: Suárez Blanco, Gómez Arias, Chafloque Chafloque (Lugo). Vermello ó local Jacobo

GOLES: 0-1, Héctor (3´), 0-2, Héctor (5´), 0-3, Cokito (9´). 0-4, Rober Paz (18´). 0-5, Rober Paz (21´), 1-5, David (24´), 2-5, Ignacio (25´), 2-6, Héctor (27´), 2-7, Rober Paz (37´).

INCIDENCIAS: Pavillón Municipal dos Deportes de Lugo. Uns 50 espectadores.

Nova cortesía de Xose Ferreiro

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios