Amigus
As Pontes

COPA FEMININA FERROL. CD AS PONTES 0 – SCDR GALICIA CARANZA 1

Inxusta derrota do As Pontes no duelo dos dous primeiros clasificados

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

As Pontes e Galicia de Caranza vianse as caras este sábado no encontro aparado no seu día correspondente á primeira xornada da segunda volta.

Rápido comezaron adiantándose as visitantes co tanto de Melissa, a máxima goleadora da Liga, pero a raíz de ahí o cadro ferrolán adicouse a administrar a súa ventaxa e apenas resaltar un par de boas intervencións de Iria.

O As Pontes buscou o tanto que lle dera igualada, e tivo boas ocasións, principalmente nun remate de Paula que primeiro da no poste e o posterior rexeite de cabeza saiu un palmo por riba do longueiro. Noutra xogada, remate da mesma xogadora e o rexeite enviouno por alto Noelia.

Tamén resaltar un remate de Indira na área pequena, outro de Carolina sola no segundo pau, e dous man a man de Paula cunha porteira visitante que estivo inconmensurable.

A falta da última xornada contra o Discalzas, lidera o Caranza con 22, por 19 de As Pontes. Xogaron, Iria, Yoli, Indira, Noelia, Paula, Carlota, Carolina e Silvia.

Nova cortesía de Xose Ferreiro

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios