PREFERENTE NORTE. CD AS PONTES 3 – SAN TIRSO SD 0

O As Pontes escala á sétima praza con 24 puntos

O As Pontes impuxose no encontro aprazado no seu día da primeira xornada da segunda volta por 3 goles a 0 ao equipo de Abegondo.

Na primeira metade adiantaba Sergio Otero aos locais tras un tiro cruzado dende o borde da área pegado ao poste ao que non chegou David (30´). Despois era Brais quen lanzaba un potente disparo ao poste (35´).

Ao borde do descanso chegou  a xogada decisiva do partido, tras derrubar o porteiro David a Pájaro fora do lateral da área e ser expulsado con vermello directo con moito partido por diante (40´).

Mediado o segundo período redondearon o marcador Bellas e outra vez Sergio para un As Pontes que xa mira aos postos altos con 24 puntos antes de visitar ao complicado Betanzos.

Oitavo triunfo en partido oficial no Poboado por un do cadro de Abegondo. Derradeiro encontro en Setembro do 2018, na tempada do ascenso, con resultado de 6-0.

Xogaron Kike, Criado, Iván, Jaime, Montes (Dani 83´), Traba (Edgar 72´), Vilela, Lucky, Pájaro (Bellas 63´), Sergio (Jandro 79´), Brais. Sesenta espectadores en noite moi fría.

Nova cortesía de Xose Ferreiro

También podría gustarte
Comentarios