COPA FERROL FEMININA. CD AS PONTES 1 – CULTURAL MANIÑOS SD 1

O equipo azul xogará a final co Galicia de Caranza

83

O equipo feminino pontés recibía este domingo á mañá no Evaristo Puentes ao Maniños na volta das semifinais da Copa de Ferrol, equipo mítico de Fene, gañador de moitas Copas e Ligas, incluida a deste ano, ao que xa vencera no Pote a semana pasada na ida por un gran 1-3, tantos de Paula (2) e Carlota.

No partido desta mañá adiantaronse as visitantes tras un un balón que botou no poste e na pelexa entre Iria e Rebeca esta última mandou a bola ao fondo das mallas. Xa mereceu marcar o cadro local nesta primeira parte pero foi no último tramo de partido que anotaba Paula Castro o empate dando algo de tranquilidade nos últimos minutos.

Difícil rival na loita polo título o Galicia de Caranza, que venceu á Capela na outra semifinal por 1-2 e 5-0, e no seu último enfrontamento na Liga hai tres semanas gañaron 5-1 . Xogaron Iria, Yoli, Silvia, Noelia, Paula, Carlota, Carol, Nuria e Uxía.

Nova cortesía de Xose Ferreiro

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios