RESULTADOS DO CLUB DE PIRAGÜISMO GRUPO XUVENIL DE AS PONTES NO CAMPIONATO DE MEDIA MARATÓN

O pasado sábado día 28, o clube de piragüismo Grupo Xuvenil das Pontes desprazouse a localidade ourensá de Muiños, para disputar o IV campeonato de España de medio maratón no encoro de As Conchas.

27

E no que participaron máis de 700 padexeir\@os e 67 clubes de toda España.  Os resultados d@s padexei@as pontes@s foron os seguintes:

  • Celia Durán Iglesias e Ada Fernández Pista quedaron subcampeonas de España no k-2 muller xuvenil.
  • Antón Bellas García e Pablo Vispalia Díaz acadaron o octavo lugar no k-2 home xuvenil.
  • Inés Domínguez López e Lucas López Caaveiro chegaron no 6º posto no K-2 mixto xuvenil.
  • Xalo García Paz entrou no posto 54 no K-1 home cadete.
  • No k-1 home Veterán, Ernesto Gancedo Herreras e José Ferreira Casanova acadaron o 6º e 13º posto respectivamente.
  • Antonio Polo Campello e Bruno Rodríguez Claver proclamáronse campións de España no k-2 home veteráns.

Na clasificación xeral por clubes o Xuvenil acadou o 31º posto e o 12º na categoría veterán.


Nova cortesía do Grupo Xuvenil

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios