AS PONTES ACOLLE O CAMPEONATO GALEGO POR EQUIPOS DE OPTIMIST

A regata disputarase este vindeiro fin de semana coa participación de 60 regatistas, distribuidos nun total de 15 equipos de 4 regatistas.

O concelleiro de Deportes, Chicho Tembrás, asistiu no día de onte á presentación no lago de As Pontes do Campeonato Galego por Equipos de Optimist organizado polo Club de Vela Fluvial As Pontes en colaboración coa Real Federación Galega de Vela e o Concello de As Pontes.

No acto de presentación tamén estiveron presentes, ademáis do presidente do CVF As Pontes Miguel Ferreiro, os adestradores do club local, Nano de Andrés; do Náutico Ría de Ares, Natalia Gil;, e do RCN A Coruña, David Conde. Estos clubes aproveitaron a fin de semana para realizar unha serie de adestramentos e exercicios en grupo para preparar a súa participación no campeonato.

Durante o acto de presentación Chicho Tembrás interesouse polo sistema de competición que se emprega neste tipo de regatas, así como puxo en valor a presencia dos máis destacados clubes e regatistas galegos da clase optimist nesta regata. Asimesmo, aproveitou para saúdar e desexar as mellores das sortes ós regatistas que durante a fin de semana adestraron no lago. O concelleiro destacou o gran traballo que ben realizando o Club de Vela Fluvial As Pontes para a promoción do deporte da vela na localidade e o seu entorno, ademáis da potenciación que o clube fai para o posicionamento do lago como entorno estratéxico para a práctica do deporte da vela en Galicia e dos deportes acuáticos en xeral. Por último agradeceu a absoluta colaboración e implicación da Real Federación Galega de Vela en todas as competicións que no lago se organizan.

Polo súa banda o presidente do CVF As Pontes tamén agradeceu o apoio do Concello de As Pontes, Deputación de A Coruña, Real Federación Galega de Vela, entidades privadas pontesas e, especialmente, a colaboración dos socios do clube para poder levar a cabo un evento de estas características. Miguel Ferreiro confirmou a participación de equipos dos clubes Nautico Ría de Ares, RCN A Coruña, Marina Coruña, RCN Rodeira de Cangas, RCN Vigo, RCN Sanxenxo, Club Marítimo Canido (Vigo), e CN Riveira.

Nova cortesía Club Vela Fluvial As Pontes

También podría gustarte
Comentarios