Amigus
As Pontes

BRONCE PARA OS PONTESES ADRIÁN GREGORIO E ANTÓN DOPICO NO MUNDIAL DE VAURIEN

Evento disputado durante estes días en Alemaña

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

Boas noticias nos chegaban esta fin de semana da Fraga desde Alemaña, pois os ponteses Adrián Gregorio Montero e Antón Dopico Arias, veñen de lograr o bronce no 64ª Mundial de Vaurien disputado en Alemaña, no Mar Báltico, na categoría Xuvenil Under 22.

Ambos regatistas, do CN Ría de Ares, sumaron 39 puntos despois das dez mangas disputadas, con unha segunda praza na segunda manga, e unha terceira na novena, como mellores resultados, quedando na primeira posición a parella italiana, Cosimo D´Incecco e Gabriele Bellino, con 27, e segundos os tamén españois Sissel Acasuso e Tomás Budiño, con 29 puntos, sendo 17 embarcacións as participantes nesta categoría.

Na clasificación xeral absoluta os vigueses Pablo e Isabel Cabello foron plata nunha competición dominada de principio a fin polos italianos Olmo Cerri e Gioia Bertolani, que venceron en sete das dez mangas.

Nova cortesía Marta Arias Álvarez

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios