Este venres tivo lugar o tradicional pregón que da o pistoletazo de saída ás Festas do Carme e a Fraga.
Nesta ocasión foi homenaxeado o deporte local, coa participación de varios deportistas e disciplinas. Entre eles, o grandísimo Antonio Polo, Subcampión Mundial e doble Campión de Europa de Piraguismo, ademais de múltiples veces Campión Galego e Español, tantas que nin el mesmo o sabería.
Tamén estiveron o gran Esteban Díaz, recente Campión de España Máster 45 de 3.000 obstáculos e varias veces Campión Galego, o gran ciclista Manuel Pellón, Campión de España Máster, e medallista continental, de Enduro, a gran Elena Corrales, recente cuarta clasificada no Europeo de Dragon Boat, e o piloto Antonio Otero, bicampión da Clio Ice Trophy e tricampión das Andbank Gseries.
Tamén o ximnasta Sergio Peón, Campión Galego, a rugbier Paula Rodríguez Fornos, e a porteira do Lago Sport, Daniela Feal, ambas convocadas polas Seleccións Galegas. Tamén Darío Vivero, do mundo do Pádel, e Felipe Peña, do Raid de Aventura.
Tamén se puido ver no acto aos dous grandes representantes olímpicos ponteses, Miguel Alvariño e Daniel Castro, quen sabe si a gran Sara Guerrero Manso será a terceira.
No evento moi ben levado polo xenial Xose Cendán Montero tamén falou o Alcalde Valentín González Formoso, que rematou desexando sorte á selección española no seu dificilísimo compromiso do domingo.
Non puideron asistir Malena Mieres, Carmela Permuy, nin Adair Legaspi, acudindo no seu lugar diversos familiares.
Nova cortesía Xose Ferreiro














































































































































































Nova cortesía Xose Ferreiro