COPA VETERANOS. ELECTRICIDAD J&O – 2 (3) – AS PONTES 74 – 2 (2)

Partido este domingo á mañá no Evaristo Puentes

Nun día chuvioso e sen graderío no Evaristo Puentes xogouse a repesca
dos dous equipos últimos clasificados por unha praza nos cuartos de final,
que logrou Electricidad J&O nos penaltis 3-2 ante o As Pontes 74.
Coma queira que o grupo A acabou da seguinte maneira, A Cepa (9), Bar
Encanto Lecar 712 (6), Jeycar (2) e As Pontes 74 (0), mentres que o grupo
B con Muebles Eume (9), La Galaxia Venus (9), MMYPEM (6), Estanco Mari
Carmen (6) e Electricidad J&O (0).
Os enfrontamentos nos cuartos de final serán un interesante A Cepa-
Estanco Mari Carmen, Bar Encanto-MMYPEM, La Galaxia-Jeycar e Muebles
Eume-Electricidad J&O.

Nova cortesía de Xose Ferreiro.

También podría gustarte
Comentarios