PREFERENTE NORTE. CD AS PONTES 1 – SD RESIDENCIA DE LUGO 0
Partido este domingo á mañá no Poboado
Importante vitoria do As Pontes 1-0 no partido disputado este domingo
chuvioso á mañá no Campo de O Poboado ante o Residencia de Lugo.
Rápido se adiantaron os locais a través dunha xogada por banda esquerda
de Tijan, que lle cede o balón a un desmarcado Brais, que bate por baixo a
Diego (12´).
A partir de ahí o As Pontes adicouse a conservar a ventaxa buscando as
contras e os lucenses foron a polo empate pero sen moito perigo.
Destacar unha aproximación visitante onde o seu capitán Txiki remata so,
e salva Valentín (25´), ou un disparo do mítico Poratti en posición franca
que vai por riba do longueiro (75´).
Por parte local resaltar un remate alto de Felauto preto do longueiro que
desvía in extremis o porteiro (85´) e nos derradeiros minutos tamén
reclamaron os azuis dous penaltis por un derrubo a Tijan e un empurrón a
Rogerio.
Neste momento o As Pontes é sexto pola cola con 38 puntos, tentando
buscar algo positivo no derbi ante o Mugardos.
CD AS PONTES. Valentín, Criado, Mascareña, Martínez, Montes, Traba,
Jandro, Felauto, Jaime (Rogerio 65´), Tijan, Brais (Luis 78´).
RESIDENCIA SD. Diego, Teri (Jorge 83´), López, Martín, Sfagio, Txiki, Rasi
(Pedro 64´), Poratti, Renda (Gabi 88´), Buján (Artai 70´), Yeray.
Goles: 1-0 Brais (12´)
Árbitro: Cedeira Méndez (A Coruña). Auxiliado por Miño Rojas e Rey
Rodríguez. Amarelas a Brais, Valentín, Montes, Rogerio, Criado, Sfagio.
Incidencias: Campo de O Poboado. Uns 100 espectadores en mañá
chuviosa.
Nova cortesía de Xose Ferreiro