COPA CADETE 2011-12: CD AS PONTES 0 SD O VAL 2

Derrota do equipo pontés dirixido polo tándem Marcos Roca-Marcos Bouza no encontro de volta das semifinais da Copa de Ferrol ante o conxunto naronés do Val por 0-2, resultado que os clasifica para a final a desputar no Campo de A Gándara.
Tralo 0-0 do partido de ida, finalizando o primeiro tempo adiantaronse os visitantes, tras un tiro baixo e pegado ó poste ó que non puido chegar Ángel Prieto, mágoa que os visitantes fixeron algunha que outra boa ocasión pero foron a marcar nun balón mal despexado e que lles chegou de rebote.
Foi un xarro de auga fría, pois a partir de ahí os azuis precisaban de dous goles se querían chegar á final. No segundo tempo foron con todo en busca do empate, namentres que o Val esperaba agazapado en busca dos veloces contragolpes cos seus perigosos atacantes, e asi foron os segundos 40 minutos.
cadete_001.jpg


Alex Fernández puido marcar de tiro cruzado no 61´ pero un minuto máis tarde os valexos mandaron unha falta ó longueiro tras rozar nas luvas de Ángel. No 73´ tras unha boa xogada de Alex Fernández, Diego Filgueiras remata so en boca de gol pero para o porteiro valexo.
Xa no desconto, nunha contra moi ben culminada os visitantes sentenciaron a eliminatoria, ó fin e ó cabo o fútbol é cuestión de marcar goles e non se lles pode recriminar a xustiza do seu pase, a pesar do enganoso marcador. Xogarán a final o día 6 ás 10:30 da mañá contra o Galicia de Caranza, que hoxe venceu a domicilio ó San Pedro (1-2), cumpríndose o pronóstico que situaba ós dous equipos como finalistas.
O Val, que conta co futbolista pontés Antonio Ramos Castro como segundo adestrador, tentará revalidar o seu título copeiro namentres que o Caranza buscará refrendar o seu “status” de mellor canteira actual da comarca.
Xogaron polos azuis Ángel Prieto, Alberto, Jandro, Caínzos (Roberto 71´), David (Hulk 40´), Iván, Diego Filgueiras, Brais Blanco, Ángel “Rooney” (David Rey 52´), Nahum (Óscar 82´) e Alex Fernández.
cadete_001.jpg
cadete_001.jpg
cadete_001.jpg
cadete_001.jpg
cadete_001.jpg
cadete_001.jpg
cadete_001.jpg
cadete_001.jpg
cadete_001.jpg
Nova cortesía de Xose Ferreiro e A.F.

También podría gustarte
Comentarios