Vinteoito embarcacións dabanse cita esta fin de semana na Copa de España de Vela que se levou a cabo no lago pontés.
Presencia de luxo pois estaban as recentes Campionas do Mundo hai un par de semanas en Marina di Grosetto, Italia, Alejandra Suárez (21) e Helena Pérez (20). As viguesas xa foran medalla de bronce en 2012 en Douarnenez e medalla de prata o ano pasado en Sanxenxo, por detrás das tetracampionas do mundo, as curmás, viguesa Laura, e canguesa Lucía, Llópiz. Tamén estaban os Campións da Copa de Europa de 2007 e medallistas mundiais, Javier Lago e Pablo Cabello.
Anque se achegaron, por lesión non puideron competir os actuais subcampións do mundo xuvenil, Tirso Cerqueira e Mario Pérez, de Vigo.
Os vigueses Ignacio Campos e Gonzalo Martínez foron os triunfadores finais na categoría absoluta, seguidos de Andrés Viéitez e Alejandra Suárez, e terceiros, Pablo Cabello e Javier Lago. En categoría feminina triunfaron Helena Pérez e Irene Bastón. Alberto Viejo e Miguel Gómez gañaron na categoría xuvenil masculina mentres que na xuvenil feminina o triunfo foi para as irmáns Paula e Miriam González, nestas tres categorías as embarcacións representando ó RCN de Vigo.
Na última xornada do domingo por falta de vento non puideron levarse a cabo as regatas polo que se mantiveron os resultados do venres e do sábado.
Participaron clubes de Castela León, Extremadura, País Vasco, incluso de Portugal. Por parte pontesa competiron Roi García e Luis Suárez, Ana Dopico e Jacqueline Cruz, Marta Vilar e Manuel Bermúdez e Miguel Ferreiro e Luis Pita.
Nova cortesía de Xose Ferreiro e A.F.